Visitas

venres, 14 de decembro de 2012

Nicetrip, guiño ó Subbuteo


A firma coruñesa Nicetrip, capitaneada por Antón Lezcano, ven de facer un guiño máis que interesante ó Subbuteo. O motivo do mesmo, non é outro que homenaxear ó primeiro galego nado no 2012, Xián Rodríguez Viñas, que se da a casualidade, de que é o fillo do que escribe... cousas da natureza.
Agardamos que vos guste a imaxe que vos presentamos, e que Nicetrip inclúa nos seus deseños de camisetas algún deseño semellante para disfrute de todos. Ademáis, poderíamos proporlle que faga este deseño extensible a calqueira que o desexe... seica a algún aficcionado ó Subbuteo faríalle verdadeira ilusión (ainda que igual con outro equipo, non?).

O deseño co Celta de Vigo


Caixa e autocolante para caixa dos equipos galegos de primeira división

O subbuteo galego está de noraboa... Xa podedes adquirir artigos personalizados cos deseños dos equipos galegos de fútbol da primeira división, como son o Celta de Vigo e o Deportivo da Coruña. En concreto, trátase dunha caixa para gardar as figuriñas de subbuteo, así como autcolantes para poder facer a túa propia caixa na casa. A tenda que os vende, é Subbuteo World. Estamos á espera de que fagan a reproducción das figuriñas de ámbolos dous equipos, como fixeron en tempadas anteriores. Déixovos a imaxes:

Caixa do Celta de Vigo

Autocolantes para caixa do Celta de Vigo

Caixa do Deportivo da Coruña

Autocolantes para caixa do Deportivo da Coruña

Torneos provinciais da tempada 2012/2013


Como xa é habitual nestas datas, comezan a disputarse os distintos torneos provinciais dentro do circuito da AFM. Lamentablemente, Galicia quédase sen acoller ningún campionato no seu territorio ó non ter o número de xogadores necesarios para celebrar un torneo provincial.
Podedes seguir toda a informaciñon sobre os torneos das distintas provincias do territorio nacional na web da AFM.

luns, 24 de setembro de 2012

Resultados Torneo Nacional Villa de Mislata

O torneo Nacional Villa de Mislata, abriu a pasada fin de semana, a tempada oficial da AFM. Os resultados das distintas finais foron os seguintes:

OPEN: Raúl Benita vence a Vicenç Prats


VETERÁNS: Juan C. Granados vence a Vicenç Prats


SUB19: Jesús Moreno vence a Alberto Martos


EQUIPOS: Real Murcia vence a Turia AFT


CONSOLACIÓN: Carlos Martínez vence a David González


Pola parte que toca a Subbuteo Galicia, felicitar a tódolos vencedores, pero especialmente a Raúl Benita, xa que volve gañar un torneo despois dalgún tempo e demostra que é un xogador a ter moi en conta nesta tempada.


Para máis información, resultados completos e fotos, visitade a web da AFM.

mércores, 19 de setembro de 2012

Mislata, punto de partida da tempada 2012-13 da AFM



O vindeiro fin de semana (22 e 23 de setembro), celebrarase o "Torneo Nacional Villa de Mislata", no pavillón "El Quint" da mencionada localidade valenciana. A organización corre a cargo do AFT Turia 1981, e do concello de Mislata.
Con este campionato, iníciase a loita polo ranking da AFM, tanto a nivel individual como por equipos.

venres, 7 de setembro de 2012

Traspasos tempada 2012-2013

A tempada 2012-2013 de Fútbol de Mesa está a piques de comezar. Como tódolos anos, estanse a producir movementos dentro dos equipos pertencentes á AFM:

Piero Capponi (ITA), Jose Carlos Guerrero, Sergio Ramos (POR), Ricardo Pavao (POR) e Jose Ros, deixan o Subbuteo Club Madrid. Piero, Jose Carlos e Sergio reforzarán o Subbuteo Club Grosetto (ITA), mentres que Jose Ros volve á súa casa, o Real MurciaRicardo retorna ó seu país, para xogar no Grupo Recreativo e Dramático 1º Maio Tires (POR).
O Real Murcia, perde a dous grandes xogadores, como son Alberto Mateos en Ángel Valverde. O primeiro marcha para o SC Fiamme Azzurre CM (ITA), e o segundo para o CCT Roma (ITA), ademais de Darren Clark (ING), que ficha polo ASTC Sessana 1982 (ITA).
Por outra banda, o AFT Turia 1981, perde a Jaime Silva (POR), que fichou polo Grupo Recreativo e Dramático 1º Maio Tires (POR) e o Tiburones FM a Jonh Field, que ficha polo Gibraltar TSA (GIB).

luns, 23 de xullo de 2012

Mundial FISTF 2012: España, tamén reina no Fútbol de Mesa



Éxito no Mundial de Fútbol de Mesa disputado esta fin de semana en Manchester (Inglaterra). A nivel individual, Carlos Flores, volveu demostrar que foi, é e será o mellor xogador español de tódolos tempos, alzándose co título mundial. Por equipos, a selección Open, sacudiu de maneira sorprendente tódalas dúbidas que viña sembrando nos últimos mundiais, e alzouse de maneira espectacular, e cun gol de Carlos Flores a falta de 5 segundos para o remate do partido da final fronte a Bélxica:

Carlos Flores, campión Open.
Viçenc Prats, subcampión en Veteráns.
David González, subcampión en Sub-15

Por equipos, a selección Open, sacudiu de maneira sorprendente tódalas dúbidas que viña sembrando nos últimos mundiais, e alzouse de maneira espectacular, e cun gol de Carlos Flores a falta de 5 segundos para o remate do partido da final fronte a Bélxica:


Categoría Open, campións do mundo.
Categoría Sub-15, subcampións, derrotados por Italia.
Categoría Sub-12, subcampións, sendo igualmente os italianos os verdugos.
Categoría Veteráns, semifinalistas, sendo derrotados pola selección austríaca.

Parabéns!!

venres, 20 de xullo de 2012

Mundial da FISTF en Manchester


O flamante estadio do Manchester City, acollerá esta fin de semana, o Mundial de Fútbol de Mesa. Toda a información sobre o mesmo, a poderedes atopar na web da World Cup 2012.

martes, 12 de xuño de 2012

O Campionato Galego de Fútbol de Mesa xa está a punto



Somentes quedan uns días para a celebración do primeiro Campionato Galego de Fútbol de Mesa, organizado polo Falcóns Vigo F.M.C. e o Liceo Mutante de Pontevedra.
As inscripcións para o mesmo, quedaron pechadas o pasado día 10 de xuño, alcanzándose a cifra de 12 xogadores.
A lista de participantes a seguinte:

1- "Lesinho" Silva (Falcóns Vigo F.M.C.)
2- Rubén Moralejo (Falcóns Vigo F.M.C.)
3- David Barreiro (Falcóns Vigo F.M.C.)
4- Santi R. Escudero (AFT Turia 1981)
5- Gonzalo Álvarez (Falcóns Vigo F.M.C.)
6- Sergio Balnco (Mutantes)
7- Juan Piñeiro (Mutantes)
8- Javier Álvarez (Falcóns Vigo F.M.C.)
9- Ricardo Tato (Mutantes)
10-Anxo Malvar (Mutantes)
11- Xosé L. García (Mutantes)
12- Alberto Pazos (Mutantes)

Toda a información sobre os grupos, horarios e demáis, a podedes atopar na web dos Falcóns.


sábado, 19 de maio de 2012

Subbuteo, unha pasión

O Subbuteo move pasións e traspasa fronteiras. Coma exemplo, o seguinte video.

venres, 18 de maio de 2012

Campionato Galego de Fútbol de Mesa


O vindeiro 17 de xuño, celebrarase no Liceo Mutante de Pontevedra, o Campionato Galego de Fútbol de Mesa 2012. Toda a información a poderedes atopar na web dos Falcóns.

xoves, 3 de maio de 2012

Obradoiro subbuteístico en Pontevedra


Da man do clube vigués, Falcóns Vigo F.M.C., e a inestimable colaboración e organización do Liceo Mutante de Pontevedra, a cidade do Lérez, será o escenario dun obradoiro de Subbuteo, que terá unha duración de 5 domingos, e comezará o vindeiro 13 de maio. Así mesmo, coma colofón, terá lugar o Campionato Galego de Fútbol de Mesa, no propio Liceo. Está todo o mundo convidado, previo pago de 5€ en concepto de matrícula, o que da dereito ós 5 días de "clases" e a participar no torneo. Máis información en Obradoiro Subbuteo Liceo Mutante.

domingo, 29 de abril de 2012

Os Falcóns xa están na rede



O clube vigués, xa ten unha web na que se dan a coñecer tódalas actividades que se fan ou van facer. Non deixedes de visitala e sobre todo, animádevos a xogar a este apaixoante deporte! Contactade na prpia web ou no correo de Subbuteo Galicia.

Web Falcóns Vigo F.M.C.

xoves, 5 de abril de 2012

FALCÓNS VIGO F.M.C.

Por fin!! O que estivemos tanto tempo agardando e desexando, hoxe é unha realidade: nace o primerio clube galego de Fútbol de Mesa.
Da man de "Les", Rubén, David, Javi, Gonzalo, Santi, etc, xurde o Vigo Falcóns Fútbol Mesa Clube. A idea é participar a vindeira tempada como clube oficial da AFM, e ata entón, organizar distintos torneos a nivel local, provincial e se cadra autonómico, así como facer exhibicións onde sexa de interés.

mércores, 4 de abril de 2012

IV Campionato de Vigo de Fútbol de Mesa


O vindeiro 7 de abril, disputarase un novo torneo amigable na cidade de Vigo. O escenario de celebración será o habitual, o "Fontiñas Stadium" de Cabral. O número de participantes será o habitual (entre 5 e 8) e o comezo do mesmo será ás 12:00 da mañá.

O Real Murcia acada a triple coroa da LEFM

Os días 24 e 25 de marzo, disputouse en Xibraltar unha nova edición da LEFM. O Real Murcia volve impoñerse na LEFM, e acada así o seu 3º título consecutivo.
A clasificación final foi a seguinte:

1.-Real Murcia........... 26
2.-AFT Turia 1981.... 25
3.-Tirubones FM....... 19
4.-Mallorca Aguilas... 7
5.-Gibraltar TSA....... 7
6.-Madrid S.C............ 3

xoves, 22 de marzo de 2012

LEFM 2012


Esta fin de semana dispútase unha nova edición da LEFM. Xibraltar é o lugar escollido para a celebración desta competición. Os equipos participantes serán o Real Murcia, AFT Turia 1981, Tiburones FM, S.C. Madrid, Mallorca Aguilas e os anfitrións, o Gibraltar TSA.
Máis información en http://subbuteospain.mforos.com/1506986/10533458-liga-espanola-1-division-equipos-24-25-marzo-2012/.

mércores, 22 de febreiro de 2012

Novo presidente da AFM

A pasada fin de semana, celebrouse o Congreso Extraordinario da AFM, e como resultado do mesmo, resultou elixido coma novo presidente da AFM, Antonio Montaño.


Parabéns, e moita sorte para esta nova etapa na AFM.

Resultados do XXIX Campionato de España


A pasada fin de semana, disputouse en Robledo de Chavela (Madrid), o XXIX Campionato de España de Fútbol de Mesa. A ausencia de grandes favoritos, e a pobrísima participación en categoría Open, descafeinaron un chisco a festa do Fútbol de Mesa nacional.
Os resultados das distintas categorías foron os seguintes:

Categoría Open: Alberto Mateos, finalista: Angel Valverde, semifinalistas: José C. Guerrero y Nacho Martinez.


Categoría Veteráns: J. C. Granados, finalista: Arturo Martinez, semifinalistas: Fernando Gómez y Ferrán Coll.


Categoría Feminina: Carmela Gerosa, finalista: Caridad Vázquez.

Categoría S15: David Gonzalez, finalista: Antonio J. Casín, semifinalistas: Javier Moreno y Carmelo Blanco.


Categoría S12: Raul Casin, finalista: Luis Haro, semifinalistas: Manuel Perea y Antonio G. Fernandez.


(Imaxes collidas da web http://www.tiburonesfm.com/)

luns, 13 de febreiro de 2012

Videos do III Campionato de Vigo (cámara superlenta)

Parada de David sobre a liña.

Tiro ó longueiro de Santi.

Gol de Alejandro.

Alejandro tópase co poste e longueiro no último minuto.

Gol de David.

Gol de Santi.

domingo, 12 de febreiro de 2012

Resultados do III Campionato de Vigo


O III Campionato de Vigo, celebrouse o pasado sábado 11 de febreiro. O número de participantes, foi finalmente de 5, sendo unha liguilla entre eles a unha final entre o primeiro e o segundo clasificado, a modalidade elixida para decidir o campión. O bo ambente reinou durante as máis de 7 horas que durou a competición.
Alejandro Maestre, campión dos campionatos previos, era a priori o favorito para facerse co mesmo.
As 10:30, comezou o maratón de partidos. Santi R. Escudero e Alejandro, abrían o torneo. Un tempraneiro gol de Santi, foi neutralizado por Alejandro, terminando o partido cun empate 1-1, o que fala do respeto que se tiñan entre ambos.
No segundo partido, David Barreiro goleou a Javi, metendo prácticamente tódalas ocasións xeradas, sendo o resultado 4-0. David comezaba a amosar as súas cartas con este golpe de autoridade.
No partido entre primos, Rubén Moralejo e Alejandro, non estivo exento de tensión. O gol de Alejandro, atopou pronta resposta de Rubén, e na segunda parte, houbo ocasións para ambos, pero o resultado xa non cambiou.
Santi e Javi, protagonizaron o cuarto partido da xornada. Unha contenda desigual, na que Santi venceu por 2-0, e na que Javi foi collendo máis "rodaxe".

Javi e Rubén en plena acción.
O quinto partido, foi quizáis a gran sorpresa da xornada. Alejandro xogábase a vida, xa que só lle valía a victoria para non depender de terceiros se quería plantarse na final. Dominou toda a contenda, errou goles casi imposibles, e a falta de tres minutos, David daba a badalada anotando o 1-0 definitivo. David colocábase líder destacado, e situábase práticamente na final, mentres que Alejandro dicía prácticamente adeus.
No sexto partido, Rubén e Santi, xogábanse as opcións de xogar a final, xa que o vencedor, sairía reforzado e non dependería de terceiros. Santi comezou con forza, e en menos dun minuto, lograba anotar o seu primeiro gol. Pouco despois, un erro de Rubén, deixaba o segundo en bandexa para Santi, e ahí desapareceu Rubén do partido. Ó final, 4-0 para Santi, que se situaba líder provisional, e máis perto da final.
Alejandro e Javi, xogaron o partido que non decidía nada, sen presión, e o resultado foi 2-0 para Alejandro.
Quedaban xa tres partidos, e nos dous seguintes, decidíronse os finalistas e o líder da liguilla.
Era o turno para Rubén e David. Unha victoria de Rubén, dáballe opcións de meterse na final, pero unha victoria de David, acabaría coas opcións de Rubén. Finalmente sucedeu o segundo. David xogou como tódala xornada, e non deu opcións, gañando 2-0. David levada tres victorias de tres partidos, e ningún gol encaixado, o que o colocaba como xusto finalista a pesares de faltarlle un partido por xogar. Ademáis, certificaba a Santi coma o outro finalista do torneo.

Rubén e David, disputando o seu partido.
O noveno partido da liguilla, foi a antesala da final. Santi e David, xogábanse o liderato, e tamén meter o medo no corpo no rival de cara a final. Nun partido máis igualado do que reflectiu o marcador final, Santi venceu por un contundente 5-1. Os erros de David, tiraron pola borda o bo partido que estaba a realizar. Santi remataba a liguilla coma líder, e David quedaba segundo.
No último partido da liguilla, enfrontáronse Rubén e Javi. Gañou Rubén 2-0, deixando a Javi como farolillo vermello.

Clasificación final da liguilla:
1- Santi..........10 ptos.
2- David.........9    "
3- Alejandro...5    "
4- Rubén........4    "
5- Javi............0    "

David, Alejandro (árbitro) e Santi antes de xogar a final.
Chegábase así á final. Santi e David, enfrontábanse de novo. David comezou achuchando, arrinconando a Santi na súa área, e desperciciando algunha ocasión de gol. E o que perdoa a paga: cando mellor estaba David, Santi atopouse cun gol que lle quitaba a presión e lle poñía a final de cara. Un erro de David, volveulle dar a Santi a ocasión de marcar, collendo xa unha ventaxa de 2-0 no marcador. David seguiu intentándoo, pero Santi non perdoou, e finalmente impúxose por un claro 4-0.

Os participantes posando ó final do torneo (arriba: Rubén, Santi e David; abaixo: Javi e Alejandro)

En definitiva, foi unha gran xornada de Fútbol de Mesa, que amenaza con repetirse en breve, que se cadra, e dependendo das conversacións que se manteñan, podería se nun lugar público.

FUGAS tamén fala do Fútbol de Mesa

O suplemento semanal de La Voz de Galicia, que se publica tódolos venres, tivo esta vez entre as súas páxinas ó Fútbol de Mesa. Seguimos medrando!!

xoves, 9 de febreiro de 2012

A Radio Galega entrevistará ós xogadores vigueses


Mañá día 10 de febreiro, a Radio Galega, no seu programa "A Tarde", acollerá unha entrevista cos xogadores vigueses de Fútbol de Mesa, Alejandro Maestre e Santi R. Escudero, a partir das 17:00.
Poderedes escoitalo no seguinte enlace:


Última hora sobre o III Campeonato de Vigo

Xa está todo preparado para o Campionato de Vigo, que se celebra o sábdo 11 de febreiro. Finalmente, o número de xogadores inscritos é de 5, sendo a modalidade de competición unha liguilla e un partido final entre o primeiro e o segundo clasificado.
Os participantes serán:

Alejandro Maestre
Rubén Moralejo
Santi R. Escudero (AFT Turia 1981)
David Barreiro
Javier

O horario de comezo da proba é ás 10:30, estando tódolos xogadores convocados ás 10:00, no lugar das Fontiñas, en Cabral (Vigo).

venres, 3 de febreiro de 2012

O xornal La Voz de Galicia acolle ó Fútbol de Mesa

Como antesala do vindeiro torneo de Fútbol de Mesa que se vai a celebrar en Vigo, os xogadores Rubén Moralejo, Alejandro Maestre e santi R. Escudero, acudiron á sede viguesa de La Voz de Galicia, para amosar ó xogo a Galicia enteira. Queremos agradecer ós xornalistas Laura Míguez e Miguel Piñeiro polo seu interese mostrado cara o noso deporte, e polo excelente trato recibido.
Podedes mira-la reportaxe publicada na edición dixital do xornal no seguinte enlace: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2012/02/02/futbol-mesa-elige-vigo-capital-gallega/00031328205360955844649.htm#

luns, 30 de xaneiro de 2012

Chega o III Campionato de Vigo de Fútbol de Mesa


O que fai uns meses parecía unha utopía, estase a convertir en algo habitual en Vigo. Un novo torneo de Fútbol de Mesa asoma á porta.
O vindeiro 11 de febreiro, terá lugar o III Campionato de Vigo, no lugar habitual, Fontiñas (Cabral), e como non, estará organizado por "Les". A participación, agárdase que sexa á habitual, con perto de 10 xogadores. O prazo de inscripción remata o día 7 de febreiro ás 23:59, e o prezo da inscripción será de 3 € (diñeiro destinado a material).

xoves, 12 de xaneiro de 2012

Resultados do II Campionato de Vigo de Fútbol de Mesa

Instante do campionato

O pasado sábado 7 de xaneiro, disputouse en Cabral (Vigo), o II Campionato de Vigo de Fútbol de Mesa. Cunha participación máis que boa, xa que a pesar de algunha ausencia, 8 foron os xogadores particiantes, podemos dicir que Vigo se consolida como centro neurálxico do Fútbol de Mesa galego.
Ainda que os resultados son o de menos, xa que a noticia é a celebración dun torneo de Fútbol de Mesa en terras galegas (e xa vai o segundo), hai que resaltar que o vencedor foi Alejandro Maestre "Les", que derrotou na final a Pablo Magdalena por una axustado 1-0.

Os participantes en plena competición
A competición desenrolouse por eliminatorias, semellantes á Copa do Rei, sendo os resultados completos da mesma os seguintes:

CUARTOS (partido de ida e volta):
Utopía F.C. 1 - 0 Dodgers29
Dodgers29 0 - 3 Utopía F.C.
Fentosudados 2 - 0 Athlético Ateo
Athlético Ateo 0 - 4 Fentosudados
V.N. Voloshinov 0 - 0 Nahir Team
Nahir Team 0 - 2 V.N. Voloshinov
A Velas Vir 0 - 1 Antropía
Antropía 0 - 1 A Velas Vir
Prór.: A Velas Vir 1 - 0 Antropía
SEMIFINAIS:
Utopía F.C. 1 - 0 Fentosudados (Prór.)
V.N. Voloshinov 1 - 3 A Velas Vir
FINAL:
Utopía F.C. 1 - 0 A Velas Vir

Esta é a lista dos xogadores:

Utopía F.C.: Alejandro Maestre
A Velas Vir: Pablo Magdalena
Fentosudados: Pablo Riveiro
V.N. Voloshinov: Rubén Moralejo
Antropía: Fernando Lores
Nahir Team: David Barreiro
Athlético Ateo: Gonzalo Álvarez
Dodgers29: Javier

"Les", o triunfador, disfrutando da victoria

O ranking de Vigo, despois da celebración deste campionato é o seguinte (a puntuación son 20 puntos por victoria, 8 por empate e 3 por derrota):

1 Utopía F.C.
2 V.N. Voloshinov
3 Fentosudados
4 A Velas Vir
5 Antropía
6 Athlético Ateo
7 Nahir Team
8 PicadaFedorenta
9 Dodgers29
10 Centollo Cojo
11 Laura F.M.C.
12 Distopía

martes, 3 de xaneiro de 2012

Fútbol de Mesa en Vigo


Comeza o ano igual que rematou. O Fútbol de Mesa está a coller forza en Vigo, e xa polo mes de Novembro, celebrouse o primeiro torneo amigable, resultando gañador "Les".
O Fútbol de Mesa, volverá ter unha cita en Vigo, o próximo 7 de xaneiro, co II Campionato de Vigo de Fútbol de Mesa. A pesares de non ter caracter oficial, xogarase segundo o regulamento da FISTF, e conta cun mais que aceptable número de xogadores: 8. Agardemos que sexa o primeiro dunha longa serie de torneos o longo deste 2012, e porque non, se organice algún de caracter oficial.