Visitas

domingo, 12 de febreiro de 2012

Resultados do III Campionato de Vigo


O III Campionato de Vigo, celebrouse o pasado sábado 11 de febreiro. O número de participantes, foi finalmente de 5, sendo unha liguilla entre eles a unha final entre o primeiro e o segundo clasificado, a modalidade elixida para decidir o campión. O bo ambente reinou durante as máis de 7 horas que durou a competición.
Alejandro Maestre, campión dos campionatos previos, era a priori o favorito para facerse co mesmo.
As 10:30, comezou o maratón de partidos. Santi R. Escudero e Alejandro, abrían o torneo. Un tempraneiro gol de Santi, foi neutralizado por Alejandro, terminando o partido cun empate 1-1, o que fala do respeto que se tiñan entre ambos.
No segundo partido, David Barreiro goleou a Javi, metendo prácticamente tódalas ocasións xeradas, sendo o resultado 4-0. David comezaba a amosar as súas cartas con este golpe de autoridade.
No partido entre primos, Rubén Moralejo e Alejandro, non estivo exento de tensión. O gol de Alejandro, atopou pronta resposta de Rubén, e na segunda parte, houbo ocasións para ambos, pero o resultado xa non cambiou.
Santi e Javi, protagonizaron o cuarto partido da xornada. Unha contenda desigual, na que Santi venceu por 2-0, e na que Javi foi collendo máis "rodaxe".

Javi e Rubén en plena acción.
O quinto partido, foi quizáis a gran sorpresa da xornada. Alejandro xogábase a vida, xa que só lle valía a victoria para non depender de terceiros se quería plantarse na final. Dominou toda a contenda, errou goles casi imposibles, e a falta de tres minutos, David daba a badalada anotando o 1-0 definitivo. David colocábase líder destacado, e situábase práticamente na final, mentres que Alejandro dicía prácticamente adeus.
No sexto partido, Rubén e Santi, xogábanse as opcións de xogar a final, xa que o vencedor, sairía reforzado e non dependería de terceiros. Santi comezou con forza, e en menos dun minuto, lograba anotar o seu primeiro gol. Pouco despois, un erro de Rubén, deixaba o segundo en bandexa para Santi, e ahí desapareceu Rubén do partido. Ó final, 4-0 para Santi, que se situaba líder provisional, e máis perto da final.
Alejandro e Javi, xogaron o partido que non decidía nada, sen presión, e o resultado foi 2-0 para Alejandro.
Quedaban xa tres partidos, e nos dous seguintes, decidíronse os finalistas e o líder da liguilla.
Era o turno para Rubén e David. Unha victoria de Rubén, dáballe opcións de meterse na final, pero unha victoria de David, acabaría coas opcións de Rubén. Finalmente sucedeu o segundo. David xogou como tódala xornada, e non deu opcións, gañando 2-0. David levada tres victorias de tres partidos, e ningún gol encaixado, o que o colocaba como xusto finalista a pesares de faltarlle un partido por xogar. Ademáis, certificaba a Santi coma o outro finalista do torneo.

Rubén e David, disputando o seu partido.
O noveno partido da liguilla, foi a antesala da final. Santi e David, xogábanse o liderato, e tamén meter o medo no corpo no rival de cara a final. Nun partido máis igualado do que reflectiu o marcador final, Santi venceu por un contundente 5-1. Os erros de David, tiraron pola borda o bo partido que estaba a realizar. Santi remataba a liguilla coma líder, e David quedaba segundo.
No último partido da liguilla, enfrontáronse Rubén e Javi. Gañou Rubén 2-0, deixando a Javi como farolillo vermello.

Clasificación final da liguilla:
1- Santi..........10 ptos.
2- David.........9    "
3- Alejandro...5    "
4- Rubén........4    "
5- Javi............0    "

David, Alejandro (árbitro) e Santi antes de xogar a final.
Chegábase así á final. Santi e David, enfrontábanse de novo. David comezou achuchando, arrinconando a Santi na súa área, e desperciciando algunha ocasión de gol. E o que perdoa a paga: cando mellor estaba David, Santi atopouse cun gol que lle quitaba a presión e lle poñía a final de cara. Un erro de David, volveulle dar a Santi a ocasión de marcar, collendo xa unha ventaxa de 2-0 no marcador. David seguiu intentándoo, pero Santi non perdoou, e finalmente impúxose por un claro 4-0.

Os participantes posando ó final do torneo (arriba: Rubén, Santi e David; abaixo: Javi e Alejandro)

En definitiva, foi unha gran xornada de Fútbol de Mesa, que amenaza con repetirse en breve, que se cadra, e dependendo das conversacións que se manteñan, podería se nun lugar público.

Ningún comentario: