Visitas

sábado, 22 de abril de 2017

O Fútbol de Mesa faise ver en Cangas

A asociación A Illa dos Ratos, na que se incorporou recentemente Subbuteo Galicia, organizou este venres unha serie de actividades con motivo do día do libro, entre as que foi incluida o Fútbol de Mesa. Poderíamos falar dunha gran asistencia de público, para tódalas actividades, que rondaría as 100 persoas, o que foi un bo escaparate para dará coñecer o noso querido deporte. Seguiremos colaborando para facer o noso deporte mais grande.



domingo, 16 de abril de 2017

Fútbol de Mesa en Cangas


Despois de moito tempo sen disfrutar do Fútbol de Mesa en Galicia, chega unha oportunidade para os rapaces de Cangas do Morrazo (Pontevedra).
O vindeiro día 21 de abril, con motivo do día do libro, a asociación A Illa dos Ratos, organiza actividades na biblioteca municipal de Cangas, a Casa da Cultura, e ademáis de libros, xogos e maquillaxe, poderemos disfrutar do Fútbol de Mesa. Agardámosvos!!

luns, 10 de abril de 2017

Copa de España 2017


Esta fin de semana, disputouse a Copa de España de Fútbol de Mesa en Móstoles (Madrid). Grandes resultados para o CAP Murcia, que se fixo coa victoria na categoría Open por medio de José Ros, na categoría Veteráns con Juan Carlos Granados e finalmente na competición por equipos, no que se desfixo na final do Tiburones FM. Destacar a victoria no torneo de consolación de Fernando Gómez (AFT Turia 1981).
Mais información na web da AEFM.