Visitas

xoves, 23 de xullo de 2020

Roberto Baggio, o villano de Italia no mundial de USA 94

Novamente traemos unha figuriña de Roberto Baggio ó noso blog. Desta vez, quixemos representalo coa equipación que vestiu a selección italiana no mundial de USA 94. Un mundial lembrado en España precisamente por un gol que nos eliminou nos cuartos de final do mundial. Pero a alegría italiana dese gol, convertiuse en tristeza polo fallo de Roberto Baggio no derradeiro penalti na final frente a Brasil e que supuxo a derrota de Italia. O día máis triste para un dos grandes xogadores italianos da historia, que deixou marcada a súa carreira. Ainda así, sempre será un dos mellores, e merece outra homenaxe. Pintada totalmente a man.





Maradona no mundial de México 86

Non podiamos deixar escapar a ocasión de pintar ao enominado D10S do fútbol. Un superclase que hoxe non pasa polo seu mellor momento, Maradona. Un xogador que fixo auténticas maravillas sobre un campo de fútbol, coma o gol que lle anotou a Inglaterra no mundial de México 86. Tamén fixo a pillería máis lembrada do fútbol mundial, a famosa "man de deus", tamén fronte Inglaterra no mundial do 86. Nese Mundial, viuse probablemente unha das mellores versións de Diego Armando Maradona e Arxentina acabou proclamándose campiona do mundo. Representámolo coa primeira equipación que a selección albiceleste vestiu no mundial de México 86. Totalmente pintado a man.





Españeta, ídolo sen xogar

As veces, non tódolos ídolos dun equipo de fútbol son os xogadores. Hai casos coma o de Españeta, mítuco utillero do Valencia C.F., que ten o cariño de toda a afección valencianista. Se ven xa está retirado, é un emblema do clube, e ben merecia  súa pequena homenaxe en forma de figuriña de Subbuteo. Para iso, tivemos que transformar unha figuriña 2k4 e darlle a forma desexada usando masila. Totalmente modelado e pintado a man.





martes, 14 de xullo de 2020

Valencia C.F., campión da Liga 2001-02

Na tempada 2001-02, un gran Valencia C.F., fíxose co título de campión de Liga acadando os 75 puntos, 7 de diferencia co segundo clasificado, o Deportivo da Coruña, 9 co terceiro (Real Madrid) e 11 co cuarto (Barcelona). Só perdeu 5 partidos e encaixou 27 goles. Unha plantilla espectacular, nasque destacaban Cañizares, Ayala, Carboni, Djukic, Angloma, Kily, Aimar, Baraja... Deixámosvos a réplica en figuriñas de Subbuteo. Pintada totalmente a man.



Valencia C.F., campión da Copa do Rey de 1979

No ano 1979, o Valencia C.F., acadou o título de campión da Copa do Rei tras de derrotar ó Real Madrid por 2-0, con tantos do "Matador" Kempes. Para esa ocación, usaron equipación moi chamativa, coas cores da senyera. Dende aquí, a nosa homenaxe aquel Valencia dos Kempes, Arias, Manzanedo, Bonhof...
Totalmente pintado a man.





I Cavalli, equipo aficionado de Latisana (Udine, Italia)

Outra petición de equipo non profesional, pero que non deixa de ter o seu encanto. Neste caso, trátase de "I Cavalli", equipo aficionado de Latisana, poboacion da rexión italiana de Udine). Unha equipación complicada de pintar, pero cun resultado máis que satisfactorio. Pintada totalmente a man.




Iago Pérez, figuriña personalizada

Ás veces chegan peticións expresas de figuriñas personalizadas de equipos e xogadores non profesionais. Este é o caso de Iago Pérez, que xoga no equipo Bar Avelino, e que pediu a súa réplica. Totalmente pintada a man,



Santiago Formoso, "Alén do Cosmos"

Dende fai algún tempo, está dipoñible na web da TVG o documental feito por Pedro Pablo Alonso  e Rubén Pardiñas, "Alén do Cosmos", que nos fala sobre un xogador do mítico New York Cosmos, que se enrolou no equipo da gran mazá alá polo ano 1977, chegando a xogar con grandes figuras de nivel mundial como Pelé, Beckenbauer ou Johan Cruyff. Ese xogador, non é outro que Santiago Formoso, nado en Vigo no ano 1953 e que emigrou xunto coa sua familia en 1969 ós Estados Unidos. Acadou o anel de campión da NASL no ano 1978, sendo.
Se queredes saber máis sobre este xogador, non dubidedes en clicar no enlace para ver o documental ALÉN DO COSMOS.
A súa historia deixounos fascinados e é por iso que decidimos facerlle unha merecida homenaxe en forma de figuriña de Subbuteo. Totalmente pintada a man.