Visitas

luns, 30 de decembro de 2019

Gustavo Souto, un trotamundos do fútbol

Gustavo Souto Sampedro, é un ex-futbolista vigués que conta cunha chea de equipos nas súas costas. Os seusinicios foron no C.D. Choco, pasando logo por equipos coma o Alondras C.F., U.P. Langreo, Racing de Ferrol, C.D. Guadalajara, S.D. Eibar, U.D. Logroñes ou o Auckland City F.C. (Nova Zelanda). Neste ultimo, quizáis é onde acadou o seu maior éxito deportivo, conquistando dúas Champions League de Oceanía, no 2013 e no 2015. A equipación usada nesta última, foi a que quixemos representar para facerlle una merecida homenaxe a este trotamundos do fútbol. Coma sempre, pintada a man.




Sergio Álvarez, o "gato de Catoira"

Unha das figuras do Real Club Celta de Vigo das últimas tempadas non é outra que o porteiro Sergio Álvarez. Canteirán sen moita sorte ata que acadou o seu sitio no primeiro equipo, facendo grandes tempadas e partidos memorables, coma o da victoria por 0-1 no Camp Nou. Ainda que este ano estase a ver eclipsado por Rubén Blanco, hai que dicir que Sergio Álvarez é un exemplo para tódolos canteiráns do Celta. Paciencia, perseverancia e traballo para acadar o seu sono, pódese dicir que son as súas señas de identidade. Pensamos que por todo iso e máis, merecía esta pequena homenaxe en forma de figuriña de Subbuteo. Totalmente pintada a man.





sábado, 7 de decembro de 2019

Ajax de Amsterdam, campión da Recopa de Europa 1986-87

Esta vez presentamos un equipo completo, o Ajax de Amsterdam que foi quen de gañar a Recopa de Europa na tempada 1986-87, da man de Johan Cruyff. Comezaban a destacar xogadores como Marco Van Basten, Denis Bergkamp, Frank Rijkaard ou Richard Witschge.
Equip pintado e personalizado totalmente a man. Agardemos que vos guste.