Visitas

mércores, 19 de setembro de 2018

Subbuteo Galicia en Radio Marca Vigo

O xogador do AFT Turia 1981, o galego Santi R. Escudero, estivo o pasado 14 de setembro no programa "Directo Marca", que se emite no espacio local de Racio Marca Vigo. Gracias a José Riveiro, director do programa, tivemos a oportunidade de dar a coñecer este apaixoante deporte. Deixamos o enlace do podcast para que o poidades escoitar (últimos 10 minutos de programa aproximadamente).

Santi R. Escudero e Jose Riveiro

Figuriñas de Maxi Gómez e Iago Aspas

CR7 tamén en figuriña de Subbuteo

Ainda que teño que recoñecer que non é un dos meus xogadores favoritoa, non puiden deixar de pintar a un dos grandes do fútbol mundial, sobre todo se é a petición dun sobriño. Cristiano Ronaldo foi ata a tempada pasada, o xogador número un do Real Madrid. Dende aquí, a nosa pequena homenaxe a un dos mellores xogadores da historia do fútbol. Coma sempre, totalmente pintado a man.




Primeiro torneo da tempada da AEFM en Cantabria


A pasada fin de semana, tivo lugar en Piélagos (Cantabria), o torneo que abriu a tempada do Fútbol de Mesa en España. O equipo Tiburones FM, foi o gran dominador do torneo, acadando a victoria en tódalas categorías disputadas:

Sub-12: Jesus Maireles
Sub-15: Paula Maireles
Veteráns: Antonio Montaño
Open: Antonio Casín
Equipos: Tiburones FM

Tódolos resultados están disponibles na web da AEFM.

Campionato do Mundo 2018 - Xibraltar

Os pasados 1 e 2 de setembro, celebrouse en Xibraltar, unha nova edición do Campionato do Mundo de Fútbol de Mesa. Os resultados para os equipos españois, foron máis que satisfactorios, acadando o título na categoría Open e na categoría Sub-12 e o subcampionato na categoría Sub-19. Ademáis, acadouse o podio na categoría de féminas, e na categoría Sub-15. En categoría individual, non houbo tanta sorte, e so cabe reseñar o podio acadado polos Sub-12 Álvaro Pérez e Cristian Antúnez. Os grandes dominadores do torneo, foron, coma ven sendo habitual, os italianos, que ano tras ano, demostran o seu gran potencial.

O equipo feminino no podio

O equipo Open flamante campión
 
Os máis pequenos, os Sub-12, celebrando o título

Os Sub-15 na terceira posición

O equipo Sub-19 que se proclamou subcapión

Álvaro e Cristian no podio

Podedes ver tódolos resultados na web da FISTF.