Visitas

mércores, 25 de marzo de 2020

Smolov, o relevo do "Zar"

Neste mercado invernal, o Real Club Celta de Vigo fichou sorpresivamente ó dianteiro ruso Fedor Smolov, procedente do Lokomotiv de Moscú. Hai que lembrar que Smolov era un dos xogadores chave de aquel Krasnodar que se enfrontou ó Celta na Eurpa League 2016-17, se ven non puido xogar esa eliminatoria por estar lesionado. A súa pegada quedou ben marcada no Bernabeu, onde foi capaz de marcarlle ó equipo madridista. Desde que chegou, o adestrador confía plenamente en el, co cal está a disfrutar de minutos e a demostrar o porqué da sía fichaxe. Representámolo coa primeira equipaci´n do Celta para esta tempada, totalmente pintado a man.
Gracias a Miguel Caride, que encargou a figuriña, temos a foto do dianteiro coa súa réplica.





martes, 24 de marzo de 2020

Novamente o Subbuteo en Radio Marca



O Subbuteo tivo o seu pequeno espazo radiofónico onte, día 23 de marzo, dentro do programa  nacional "Marcador de Radio Marca", presentado por Pablo Parra. Un servidor e o presidente da AEFM, Antonio Montaño, tivemos a oportunidade de dar voz ó noso deporte. Podedes escoitala clicando aquí, a partir do minuto 22:15.

Dutruel o "galo"

Dentro dos xogadores importantes da época dourada do Real Club Celta de Vigo, non podemos esquecernos do gardamallas francés Richard Dutruel. Un xogador que chegou sen facer moito ruido, pero que pouco a pouco foi deixando mostra das súa cualidados baixo a portería. Se ven a sía marcha do Celta non foi a mellor, sempre quedará na historia celeste como un dos grandes porteiros que defenderon a camiseta do clube. Nesta ocasión, está representado coa equipación da tempada 1998-99, na que o Celta foi quen eliminar a Aston Villa e Liverpool. Como sempre, totalmente pintada a man.




Antón de Vicente, capitán do Coruxo F.C.

Hai un equipo modesto da cidade de Vigo, que está a facer unha gran tempada na 2ª división B, o Coruxo F.C. Dentro do equipo, destaca o cpitán, Antón de Vicente, cunha traxectoria futbolística máis que notable polo fúbol modesto (Areosa, Racing de Ferrol, Celta B, Burgos, Somozas), chegando a ir convocado polo primeiro equipo do R. C. Celta nalgún partido. Se ven as oportunidades no equipo celeste non chegaron e optou por trocar de aires, a súa calidade non da lugar a dúbidas, como así o demostra partido a partido coa elástica do Coruxo F.C..
Pero quizáis esta tempada o Coruxo tivo un feito histórico, xa que se clasificou para xogar a Copa do Rei., na que caeu eliminado nunha fatídica eliminatoria fronte o Mirandés, que non estivo exenta de polémica. Esa histórica clasificación, fixo que o clube sacara unha equipación conmemorativa para ese partido tan especial.
Con esa camiseta é coa que quixemos representar a Antón de Vicente. Totalmente pintada a man.




Centenario do Racing de Ferrol (1919-2019)

Outro clube galego de fútbol acadou os 100 anos o pasado 20 de outubro de 2019. En homenaxe a esa data, sacaron unha edición especial da equipación do clube, homenaxeando a que foi a primeira equipación que vestiron os xogadores do Racing de Ferrol a principios do pasado século. Dende este blog, tamén quixemos facer homenaxe a ese centenario, facendo unha réplica da equipación conmemorativa.