Visitas

venres, 27 de agosto de 2010

O Basket de Mesa, outra alternativa

Hoxe acabamos de coñecer unha das cousas relacionadas co Subbuteo (gracias ó foro de afeccionados ó fútbol de mesa http://subbuteospain.mforos.com/), mais curiosas das que temos visto nos últimos tempos: o Basket de Mesa. Si, non están a ler mal, o Basket de Mesa pode ser unha realidade, gracias ó fantástico traballo do valenciano Edu Casanova. A verdade que non pode haber momento máis idóneo ca o Mundial de Basket, para agudiza-lo inxenio, e facer que alguén, afeccionado ó Fútbol de Mesa, sexa capaz de adaptar esta aficción, ó basket. Déixovos as fotos do marabilloso espectáculo do Basket de Mesa. Quen sabe se o rapaz debería patenta-la idea... Que diría o gran Andrés Montes se tivera isto nas suas mans? Jugoooooooooooooooooon!!!


Plano xeral da cancha de basket (Foto: Edu Casanova)

Non poden faltar os árbitros... (Foto: Edu Casanova)

O balón preparado para o saque inicial (Foto: Edu Casanova)

O marcador non pode ser máis realista (Foto: Edu Casanova)

Animadoras!! (Foto: Edu Casanova)

Outro detalle da cancha, no que destaca a área da canasta (Foto: Edu Casanova)

Agardemos que vos guste esta nova modalidade, e ogallá a vexamos algún día nas tendas.

xoves, 26 de agosto de 2010

FISTF World Cup 2010 (Rain - Alemaña)


A vindeira fin de semana (do 3 ó 5 de Setembro), vaise disputar na localidade de Rain (Alemaña), unha nova edición do Mundial de Fútbol de Mesa, organizado pola FISTF.
A selección española, parte coa ilusión de revalida-lo título de campiona do mundo Sub-19 por carto ano consecutivo, e de conseguir por fin, o título na categoría de Veteráns, xa que nos últimos dous mundiais, tivéronse que conformar coa segunda praza. O equipo Open, terá que loitar moi duro para evitar o desastre do ano pasado.
Toda a información sobre o mundial na páxina oficial do mesmo: http://www.worldcuprain2010.de/index_eng.htm.

O xogador da semana: Luis F. Méndez

Hoxe temos ante nos aun "rapaz" que xogaba alá polos anos 80 a unha cousa que lle chamaban subbuteo... Despois de moitos anos afastado da competición, este malagueño coa típica gracia andaluza (e non é un tópico), retornou os "terreiños" de xogo fai un par de anos, tentando volver a ser o xogador que foi:




Nome: Luis Felipe Méndez Banderas

Data de nacemento: 1964 (Málaga)

Ano de iniciación no Fútbol de Mesa: 1977

Clubes: Club Málaga Subbuteo (1980), Tiburones FM (2009 ata agora)

Ranking nacional: 16

Ranking internacional: 82 (Veteráns), 209 (Open)

Palmarés: campión de Andalucía (1981, 1982, 1983, 1984, 2009), semifinalista Campionato de España (1984), semifinalista Campionato de Andalucía (2010)

Se queres formar parte desta sección, manda os teus datos a subbuteogalicia@gmail.com.

luns, 16 de agosto de 2010

O xogador da semana: Vincent Coppenolle

O xogador que nos vai acompañar durante toda esta semana, será o primeiro xogador extranxeiro, en concreto de Bélxica, que temos na lista. Ainda que cun palmarés nulo en canto a triunfos, este belga, foi ata fai pouco o presidente da FISTF.




Nome: Vincent Coppenolle

Data de nacemento: 1974 (Tournai, Bélxica)

Ano de iniciación no Fútbol de Mesa: 1989

Clubes: Templeuve United (1989 ata agora)

Ranking nacional: 42 (Bélxica)

Ranking internacional: 180

Palmarés: 4 veces subcampión dun FISTF Satellite

Se queres formar parte desta sección, manda os teus datos a subbuteogalicia@gmail.com.

luns, 9 de agosto de 2010

Calsificación final do Ranking da AFM 2009/2010

Chegado o fin da tempada de Fútbol de Mesa 2009/2010, xa está disponible a clasificación final do Ranking da AFM 2009/2010.
Na categoría Open, o vencedor final, foi, coma ven sendo habitual, o murciano Carlos Flores (Reggio Emilia). Na categoría de Veteráns, outro habitual, e tamén murciano, Juan Carlos Granados (Real Murcia), Na categoría Sub-19, temos por primeira vez a outro murciano Pedro Ortín (Real Murcia). Xa, na categoría Sub-15, o vencedor foi o malagueño David González (Tiburones FM). Por Equipos, o vencedor final, foi o Real Murcia. Queda claro, que o domino do Fútbol de Mesa, é para a comunidade murciana, xa que agás na categoría sub-15, o resto das categorías están copadas por xogadores murcianos.
No que se refire a representación galega, o xogador vigués Santi R. Escudero (AFT Turia 1981), rematou na posición 61ª do Ranking en categoría Open, despois de puntuar nun único torneo. De seguro que de ter participado en máis torneos, a clasificación sería moito máis alta. Outro xogador que podemos incluir entre os galegos, é o mallorquin David Somoza (Mallorca Águilas), xogador de orixe galega (o seu avó emigrou de Galicia ata Mallorca), e que rematou na posición 32ª do Ranking en categoría Open, en na posición 21ª en categoría Veteráns. A tempada que ven, estes dous xogadores, serán seguidos moi de cerca dende este blog, e agardemos que nos den  máis dunha alegría, ainda que será moi difícil debido ó nivel dos seus rivais.

xoves, 5 de agosto de 2010

O xogador da semana: Fernando Gómez

Esta semana, o elixido para formar parte desta sección, non é outro que un dos máximos representantes do Fútbol de Mesa no noso país, non so polo tempo que leva sobre os campos de xogo, se non, porque ata fai moi pouco, era o presidente da AFM:



Nome: Fernando Gómez Salvador

Data de nacemento: 1964 (Valencia)

Ano de iniciación no Fútbol de Mesa: 1980

Clubes: Turia FM (1980-1997), Marítim Valencia (1997-1998), Valencia FM (1998-2002), Bologna Tigers (2002-2006), AFT Turia 1981 (2006 ata agora)

Ranking nacional: 14

Ranking internacional: 44 (veteráns)

Palmarés: subcampeón de España veteráns (2010), campión IO Murcia veteráns (2010)


Se queres formar parte desta sección, manda os teus datos a subbuteogalicia@gmail.com.

domingo, 1 de agosto de 2010

Resultados XXV Spanish IGP

Rematou a tempada do Fútbol de Mesa en España como no podía ser de outra maneira, co mellor torneo do panorama nacional, o Spanish IGP de Corbera, que este ano chegaba ás vodas de prata ó celebrar a sua vixésimo quinta edición.
Despois dun intenso fin de semana, por fin temos os resultados definitivos das distintas categorías:

Open: Carlos Flores (Reggio Emilia) 2 - Saverio Bari (Reggio Emilia) 1

(Foto: Jose Manzanero)

Veteráns: Emilio Richichi (Palermo) 1 - J.C. Granados (Real Murcia) 0 (partido decidido na prórroga con gol de ouro)


(Foto: Jose Manzanero)

Equipos: Real Murcia 3 - Mattersburg (Austria) 1

Máis información en http://www.futboldetaula.cat/.

Mercado de fichaxes

Os equipos comezan a coller posicións de cara a vindeira tempada, e comezamos a saber os primeiros movementos de xogadores. Os oficiais polo de agora son:

- Emilio Murciano deixa o Real Murcia, e ficha polo Tiburones FM.
- O Club La Flota SC, fichou a Isaac Garcia Orellana, que abandona o Madrid Total Soccer, e a Alan Crisp, procedente do Xibraltar TSA.
- Juan Noguera, regresa a casa, e despois dun ano no Reggio Emilia (Italia), volta ó Real Murcia.
- O equipo que mellor se está a reforzar polo de agora, é o Madrid Total Soccer, xa que fichou a Sergio Ramos e Ricardo Pavao, que sorprendentemente deixan o Lazio (Italia).