Visitas

venres, 22 de maio de 2020

Pedro Pablo Hernandez, o tucumano

O "Tucu" Hernández foi unha petición expresa do recén chegado ó banquillo celeste na tempada 2014-15, o Toto Berizzo. Sen ser un xogador de xogo vistoso e rápido, a confianza en el do técnico celeste era máxima, co que foi titular case que indiscutible dende o primeiro minuto. Na cuarta xornada de liga, anotou o seu primeiro gol fronte ó Atlético de Madrid, un gol que será lembrado pola súa execución, un gol de espuela que deixou a todos boquiabertos. A pesar de todo, o run-run na grada de Balaídos contra o xogador, era evidente. Sen embargo, na décima xornada, fronte á Real Sociedade, o xogador chileno foi quen de reivindicarse e anotar outro gran gol no minuto 89 de partido, que ademais supuxo a victoria para o equipo celeste (2-3). Quixemos homenaxealo coa equipación dese día no que calou moitas bocas. Coma sempre, pintado a man.





Park Chu Young, exotismo koreano

Na tempada 2012-13, o Rel Club Celta de Vigo, fichou a unha das estrelas da selección de fútbol de Korea so Sur, Park Chu Young, que chegaba cedido polo Arsenal inglés na busca de minutos e demostrar do que era capaz. O seu debut non puido ser máis exitoso, xa que prácticamente nada máis entrar no campo dende o banquillo, foi quen de anotar o gol da victoria celeste fronte o Xetafe (2-1). O resto da tempada tivo máis sombras que luces e apenas anotou tres goles máis (2 en liga e 1 en copa). Ainda así, sempre lle tivemos un cariño especial a este xogador e certo é, que a pesar de marcar 3 goles en liga, estos supuxeron 4 puntos que axudaron moito á permanencia do equipo celeste na primeira división. Quixemos facerlle unha homenaxe ó primeiro xogador koreano do Celta, e ademáis, o primeiro xogador koreano en anotar un gol na liga española. Pintado a man.





Berizzo, a camiseta é para toda a vida

Eduardo "Toto" Berizzo, chegou ó Real Club Celta de Vigo en decembro do ano 2000, para axudar ó equipo vigués nas tarefas defensivas. Dende o primeiro intre asumiu o papel que tiña que desenrolar e convertiuse no xefe da defensa celeste e rendindo de maneira excepcional no equipo vigués, chegando a disputar unha final da Copa do Rey e a Champions League. O seu sentimento polas cores celestes, desbordou no fatídico encontro de Riazor na que o Celta caeu derrotado por 3-0 e prácticamente certificaba o seu descenso a segunda división, e que lle supuxo un enfrontamento dialectico coa grada rival. Certo é que uns anos antes, na tempada 2001-02, nese mesmo estadio foi o autor dun dos goles do equipo vigués e que axudou para sacar un punto da cidade herculina. Esa foi a camiseta escollida para facerlle a nosa pequena homenaxe. Totalmente pintada a man.




Otero, o lateral da casa

Jorge Otero, é un dos xogadores de peso do Real Club Cetla de Vigo ó longo da sua historia. Debutou no primeiro equipo no ano 1987, vinvindo grandes momentos coa elástica celeste: ascenso na tempada 1991-92 e a final de Copa do Rey de 1994. As súas actuacións como xogador do Celta, valéronlle para chegar á seleccion española e xogar o Mundial de Fúlbol 1994 e posteriormente fichar polo Valencia C.F. Un lateral dos de antaño, loitador e correoso, que non daba un balón por perdido e con gran recorrido pola banda dereita. Dende aquí, a nosa pequena homenaxe coa equipación da tempada 1992-93 da primeira división. Totalmente pintado a man.




sábado, 16 de maio de 2020

"Matador" Kempes

A fináis dos anos 70, o Valencia C.F. fichou a un rapaz arxentino de 22 anos que viña de marcar 110 goles en 120 partidos na liga arxentina. Ese rapaz, non era outro que Mario Alberto Kempes, apodado "O Matador".
Na sua primeria tempada (1976-77) no clube "Ché", xa deixou claro o porqué da súa fichaxe: 24 goles en 34 partidos. Pero na seguinte ainda mellorou os números, facendo un total de 39 goles entre liga e Copa. Xogou o Mundial de 1978 coa súa selección, Arxentina, coa que acadou o título.
Na tempada 1978-79, o Valencia C.F. proclamouse campión da Copa do Rey, sendo o artífice do triunfo na final fronte o Real Madrid, "Matador" Kempes, que anotou os dous goles para os valeciáns. A icónica camiseta coa "senyera" utilizada na final de Copa, servíunos como modelo para representar a este gran xogador. Totalmente pintada a man.





xoves, 14 de maio de 2020

Michael Robinson, o fútbol perde a súa esencia

O pasado 27 e abril, anunciouse a morte dun dos homes de fútbol máis queridos neste país, Michael Robinson. O ex-futbolista británico, chegou a España na tempada 1987-88 para fichar polo Club Atlético Osasuna, despois de xogar en clubes históricos do fúbol inglés coma o Manchester City, Liverpool ou Queens Park Rangers. Unha vez colgou ás botas, comezou a súa carreira de comentarista en Euresport e no mundial de fútbol de 1990 para TVE. Posteriormente chegou a "Canal +", onde se convertiu na voz do fútbol, facendo de comentarista do partido da xornada e sobre todo, co programa "El día después", posteriormente en "Movistar +". Foise por tanto, un dos persoeiros do fútbol. 
Quixemos representalo coa equipación do C.A. Osasuna 1987-88. Vai por ti, Michael.




Gudelj, o comezo dunha lenda celeste

O xogador bosnio Vlado Gudelj, cheou as fulas do clube vigués na tempada 1991-92. Un xogador desconocido, do que pouco se sabía, ademáis do seu clube de procedencia, o Velez Mostar. Toda unha incógnica que dende o primeiro partido foi deixando a súa carta de presentación. 2 goles ó Lleida na primeira xornada, 2 goles ó Castellón na segunda xornada , 2 goles ó Las Palmas na terceira xornada,  1 gol en Copa ó Tomelloso, 1 gol ó Barcelona "B" e outor 2 goles ó Palamós deixaron claro que a fichaxe era todo un acerto, xa que en apenas 6 partidos, anotou 10 goles e encarrilaban ó Celta cara o ascenso. E os goles seguiron caendo, ata un total de 27 goles (26 en liga e 1 en copa), anotando 8 dobletes e un hat-trick, acadando o pichichi da segunda división e o ascenso.
Quixemos facerlle unha pequena homenaxe, representándoo coa primeira equipación desa tempada do ascenso.




David Seaman, un clásico do Arsenal dos 90

Cando falamos de David Seaman e do Arsenal, sempre nos lembramos do gol que lle marcou o zaragocista Nayim na final da Recopa de Europa da tempada 1994-95. Sen embargo, foi un xogador que deu un resultado excepcional en tódalas tempadas que disputou cos "gunners". O seu bigote e a súa coleta (no final da sua carreira), foron un rasgo característico que o facían inconfundible. Neste caso, fixemos unha mistura, xa que o vestimos coa equipación do Arsenal da tempada 1991-92 e pu´xemoslle o pelo do ano 2001.






Canobbio, o xogador pausado

Fabián Canobbio, chegou ó Real Clube Celta de Vigo polo Valencia C.F. na tempada 2004-05, coa idea de ascender ó equipo vigués á primeira división. A pesar de que parecía que xogaba andando, amosou moita calidade e foi un dos artífices do ascenso do clube vigués á primeira division. Quixemos representalo coa segunda equipación que usou o Celta nesa tempada.




Cabral, o guerreiro da defensa

Gustavo Cabral, chegou ó Real Clube Celta de Vigo na tempada 2012-13, na que o Celta buscaba manterse na primeira categoría do fútbol español. Nesa complicada tempada, cabral foi o autor dun dos goles que facilitou a permanencia do Celta na derradeira xornada de liga, xa que na xornada anterior, no campo de Zorrilla, anotou un dos dous goles da victoria celeste fronte ó Valladolid. Quixemos rememorar ese momento, representando a figuriña de Cabral coa euipacion que vestiu ese día.