Visitas

venres, 20 de xullo de 2018

Fran (Deportivo da Coruña) coa súa réplica

Outro xogador importante do fútbol galego posou con unha das nosas creacións. É para nos un orgullo amosar as imaxes de Fran, ex-xogador de mellor Deportivo da Coruña de tódolos tempos, asinando a figuriña feita para un gran seguidor do euipo coruñés.







Alondras C.F.

Unha nova figuriña do Alondras C.F. chegou a un dos seus canteiráns. Dende Subbuteo Galicia agradecemos o encargo feito con moita ilusión, a sabendas de que tivo unha gran acollida. Somos Subbuteo e somos fútbol modesto. Pintada totalmente a man.



Iago Aspas: o príncipe das Bateas no Mundial de Rusia 2018

O pasado Mundial de Rusia 2018, tivo un protagonista especial para o fútbol galego i en especial para o R.C. Celta de Vigo. Ainda que non gozou das oportunidades que dende a nosa humilde opinión pensamos que debería ter, Iago Aspas deixou mostras da súa calidade, e seu foi o gol de España fronte a Marrocos que significou o pase como primeiro de grupo. Unha mágoa que contra Rusia xogara poucos minutos, ainda que estivo a piques de darnos unha alegría. Quixemos representalo coa primeira equipación da selección española coma homenaxe ó seu gran traballo e agardemos que sexa sendo un dos nomes da nova selección de Luis Enrique. Pintado a man...




O Cambados de "Fariña"

Coa chegada ás librarías e o posterior estreo da serie na TV, "Fariña" trouxonos á lembranza dun dos equipos galegos revelación na década dos 80, o Xuventude de Cambados, que a piques estivo de acadar o ascenso á 2ª división do fútbol español. Dende este blog, queremos facer unha pequena homenaxe a ese clube modesto que soñou con ser un grande. Pintado totalmente a man.