Visitas

martes, 28 de abril de 2020

Juan Curz Sol, o ano que deixou o Valencia C.F.

O final da tempada 1974-75, Juan Cruz Sol deixou o Valencia C.F. para fichar polo Real Madrid. Despois de convertirse nun ídolo para moitos valencianistas, decidiu trocar de aires, se ben regresou  novamente ó clube "Che" na tempada 1979-80, para retirarse do fútbol no ano 1981 vestindo a camiseta do clube que o viu medrar futbolísticamente. Nesa tempada (1974-75), o Valencia C.F. vestiu unha terceira equipación realmente chamativa e é por iso que decidimos representala. Pintada a man.




Juan Cruz Sol, Valencia C.F. 1972-73

Nova figuriña de Juan Cruz Sol. Desta vez, o quixemos representar coa segunda equipación do Valencia C.F. da tempada 1972-73. Non foi unha das mellores tempadas do clube valenciá, pero esta equipación ben merecía unha réplica. Coma sempre, pintada a man.




Juan Cruz Sol, Valencia C.F. campión de Liga

Aquí temos a uns xogador mítico do Valencia C.F., como é Juan Cruz Sol. Debutou no valencia en 1965, e ahí estivo ata o ano 1975, xa que fichou polo Real Madrid. No ano 1970-71, o Valencia C.F., acadou o título ligueiro na derradeira xornada no campo de Sarriá, a pesar de perder o seu partido. Representámolo coa primeira equipación desa tempada. Pintado totalmente a man.




Rafinha, o sucesor do "rei Mazinho"

Na tempada 2013-14, o Real Club Celta de Vigo, conseguiu a ansiada cesión de Rafinha Alcántara, o fillo do "rei Mazinho", e que chegaba ó clube coa intención de coller minutos e poder así triunfar no F.C. Barcelona. O certo é que a chegada de Rafinha encheu de ilusió ó celtismo, e de feito, foi un dos xogadores importantes desa tempada. Aqui facemos una pequena homenaxe da primeira etapa de Rafinha no Celta, representado coa segunda equipación. Pintado totalmente a man.








domingo, 26 de abril de 2020

Muratovic, o gladiador do Balonmán Cangas

Tiven a sorte de vivir a emoción dun partido de balonmán. Nunca tivera a oportunidade, pero as casualidades fixeron que puidera ir ó pabillón do Gatañal para ver o partido do Balonmán Cangas ronte o Sagunto. Ehoubo un xogador do equipoa cangués, que me fixo vibrar dende o inuto número un que pisou a cancha. Que maneira de animar grada, de facerse con mando do equipo. Non podía ser outro que un trotamundos do balonmán, Alen Muratovic. Deixamos aqui a nosa pequena homenaxe para este gran xogador. Totalmente pintada a man.





Mostovoi, un zar na Champions League

Con Alexander Mostvoi nas súas filas, o Real Club Celta de Vigo, acadou a clasificación para a Champions League da tempada 2003-04. Ainda que na liga o clube sufriu o descenso, na Champions League acadou os oitavos de final, conde caeu eliminado fronte ó Arsenal inglés. Decidimos homenaxear o momento celeste na Chanpions League, coa equipación usada por Mostovoi no partido da fase de grupos contra o Ajax de Amsterdam . Totalmente pintado a man.






venres, 24 de abril de 2020

Rácing de Ferrol 1919, os pioneiros

O Rácing de Ferrol foi fundado un 20 de outubro do ano 1919. Os pioneiros do clube ferrolán, ben merecen unha pequena homenaxe por parte deste blog, e por iso, e sobre todo polo encargo feito dende Museo Racing Club Ferrol (Fran Serantes), fixemos a figuriña vestindo a primeira equipación do clube. Totalmente pintada a man.