Visitas

martes, 25 de outubro de 2011

Champions/Europa League (Eslovenia - 2011)


A vindeira fin de semana, celebrarase na localidade de Nova Gorica (Eslovenia), unha nova edición da Champions League e da Europa League. Os equipos españois Real Murcia e Tiburones FM, tentarán acadar ao título na Champions, mentres que o Subbuteo Club Madrid, fará o propio na Europa League.
Moita sorte os representantes españois.
Máis información en http://www.fistfleague2011.eu/FISTFLeague2011/Home.html.

xoves, 20 de outubro de 2011

O programa "A Solaina" co Fútbol de Mesa

Santi R. Escudero con Sevi, Belén (presentadores de A Solaina) e Terio Carrera (deportes TVG)

Onte foi o día. A TVG, en concreto o programa "A Solaina", acolleu ó xogador Santi R. Escudero, para tratar de amosar o Fútbol de Mesa a tódolos galegos. Foi un espazo breve de tempo, cerca de 5 minutos, nos que pouco se puido facer, na televisión as cousas van moi deprisa, pero ainda así, foron suficientes para que se puidera ver como é o noso querido deporte.
_

Gracias á TVG por esta oportunidade, e polo trato ofrecido a Santi R. Escudero.

martes, 18 de outubro de 2011

O Fútbol de Mesa na TVG


Mañá será o día. O programa da TVG, "A Solaina", acollerá o xogador Santi R. Escudero no seu plató, para amosarlle ós espectadores, un pouquiño sobre o Fútbol de Mesa. O programa, emitirase en directo de 17:00 a 18:15. Agardemos que saia todo ben, e sirva para darlle folgos ó Fútbol de Mesa na nosa comunidade.

venres, 14 de outubro de 2011

Resultados Torneo Legea (Antequera)

O Torneo Legea, disputado en Antequera, e que tiña caracter non oficial, saldouse cunha participación de xogadores máis que aceptable, e coa victoria final de Antonio Montaño.