Visitas

venres, 14 de marzo de 2014

Chega a LEFM 2014


Murcia acollerá esta fin de semana unha nova edición da máxima competición nacional por equipos, a Liga Española de Fútbol de Mesa (LEFM). 
Cunha escasa participación, xa que so asistirán seis equipos, e a migración dalgunhas das estrelas do subbuteo nacional (Alberto Mateos, Angel Valverde e Juan Noguera) a competición non deixará de ser atractiva, xa que o actual campión, o Tiburones FM, tentará revalidar o título ante o anfitrión e a priori favorito Real Murcia.
O listado de equipos participantes é o seguinte:
Real Murcia (Murcia)
Tiburones FM (Málaga)
Moralzarzal SC (Madrid)
SC Madrid (Madrid)
Mallorca Águilas (Mallorca)
Gibraltar TSA (Xibraltar)
Agardemos que nas próximas edicións, aumente o número de equipos participantes, e volvan aparecer equipos coma o AFT Turia 1981, Catalunya FT, Barcelona FT ou Palomar FT (este último segue funcionando sen competir), que lamentablemente, desapareceron do panorama subbuteístico nacional.