Visitas

luns, 20 de decembro de 2010

Salceda de Caselas: o venres calor, o sábado frío, moito frío

Pasou a fin de semana, e o Fútbol de Mesa pasou por Salceda de Caselas (Pontevedra), gracias ó Concello da localidade. A verdade é que a pesar do esforzo realizado por tódalas partes, as cousas non sairon como un esperaba, pero non deixaremos de tentar a sorte.
A xornada do venres realizouse no Pavillón do I.E.S. Pedras Rubias. Alí, coa axuda dos opearios do Concello, a Concelleira de Cultura (Tere) e dos profesores de Educación Física do instituto (Begoña e Luis), preparáronse os cinco campos cos que os rapaces do instituto ían poder disfrutar do Fútbol de Mesa. En total, foron catro as clases que pasaron polo Pavillón, perto de 80 rapaces, e dou fe de que disfrutaron coa actividade.

Aspecto que presentaba a montaxe no Pavillón do I.E.S. Pedras Rubias

Os rapaces escoitan atentamente as explicacións de Santi R. Escudero (Foto: Tere Pérez)

Santi R. Escudero ensinándolle as regras os rapaces (Foto: Tere Pérez)

As rapazas tamé disfrutaron do xogo (Foto: Tere Pérez)

Máxima tensión nos distintos enfrontamentos (Foto: Tere Pérez)

Sacando de centro despois dun gol (Foto: Tere Pérez)

O día seguinte, o sábado, a actividade desplazouse para o Centro Social A Devesa. Igualmente, montáronse cinco campos máis un pequeniño para os mais cativos, coa axuda da xente do Concello. Nada mais abrirse ó público a actividade, recibimos a primeira visita, un rapaz que o día anterior estivera no instituto e estaba moi interesado no xogo. Foi a única visita en toda a mañá... o frío debía ser a causa... Pola tarde máis do mesmo, nada máis abrir, o primeiro visitante, o mesmo rapaz. A verdade que iso foi moi ilusionante, ver alguén realmente interesado en coñecer todo sobre o Fútbol de Mesa. O resto do tempo, transcurriu entre partido e partido, aprendendolle as regras do xogo ó rapaz (levou coma premio un set Total Soccer), e agardando máis visitas... Algunha houbo, un familiar e un amigo que se achegaron ata ali para coñecer o xogo. A última visita do día, foi a do Alcalde de Salceda, Marcos, acompañado da su pequena. A verdade, é que fixo frío, moito frío...
Pero penso que podemos ter unha cousa positiva... igual temos un futurible novo xogador galego, xa que o rapaz, amosou maneiras... quen sabe.

Aspecto que presentaba o Centro Social A Devesa

As visitas, disfrutando do xogo

O alcalde de Salceda xogando cos máis cativos

Novamente, queremos agradecer dende aquí, a colaboración do Concello de Salceda de Caselas por darnos a oportunidade de facer esta actividade, e a Total Soccer, polo material que nos achegou.

xoves, 16 de decembro de 2010

Actividade en Salceda de Caselas

Para tódolos interesados, o venres 17 e o sábado 18 de Decembro, celebrarase en Salceda de Caselas unha actividade para promociona-lo Fútbol de Mesa.
A xornada do venres, realizarase no Pavillón do IES Pedras Rubias, en horario de 10:10 a 14:00, estando reservado, para os rapaces do instituto.
A xornada do Sábado, será unha xornada de portas abertas, e celebrarase no Centro de Servizos Sociais da Devesa , en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00. Agardamos a vosa visita e que disfrutedes co Fútbol de Mesa.
Agradecer ó Concello de Salceda de Caselas a oportunidade que nos brinda para poder dar a coñecer a noso "deporte", en concreto á Concelleira de Cultura, Teresa Pérez, así como a Total Soccer pola aportación do material que será empregado na actividade.

Programación de Nadal de Salceda de Caselas onde se inclúe o Fútbol de Mesa

mércores, 15 de decembro de 2010

Real Fortuna Foot-ball Club

Como no podía ser menos, tamén vos presento ó Real Fortuna Football Club, outro equipo de fútbol vigués fundado no ano 1905, que se fusionou no ano 1923 co Real Vigo Sporting Club, para formar o Real Club Celta de Vigo (como xa comentei no anterior artigo).
O resto dos comentarios, igualiños que os que fixen para o Real Vigo Sporting Club.
Déixovos as imaxes do equipo:

Detalle da tapa da caixa

O equipiño "acomodado" na caixa

Detalle dunha figuriña

Detalle do porteiro "saínte"

Real Vigo Sporting Club

Xa eran horas de presentarvos unha das últimas adquisicións, neste caso o Real Vigo Sporting Club, equipo de fútbol vigués fundado no ano 1905, que se fusionou no ano 1923 co Real Fortuna Foo-ball Club, para formar o Real Club Celta de Vigo.
Por desgracia, o traballo encargado a web francesa http://www.subbuteo66.com/, era mellorable. Ainda así, depois duns retoquiños caseiros (que foron feitos despois das fotos) e poñelos nas bases Extreme Works, as figuriñas lucen un pouquiño máis. Hai que resaltar, a presentación do equipiño en caixa personalizada, un dos atractivos que ten esta web. Tamén podemos resaltar, a elaboración do equipo con figuriñas "2K4 Vintage", o que lle da un aspecto máis realista de equipo de principios do século XX.
Déixovos as imaxes do equipo:

Detalle da tapa da caixa

O equipiño "acomodado" na caixa

Detalle dunha figuriña

Detalle do porteiro "saínte"

luns, 13 de decembro de 2010

Nova sorpresa no IO Comunidade de Madrid



Algo está a cambiar no Fútbol de Mesa. A exemonía dos dous equipos punteiros do país, coma eran o Real Murcia e o AFT Turia 1981 (este último, case sempre á sombra dos murcianos), está rematando. Hai dous equipos, Madrid Total Soccer e Tiburones FM, que co seu traballo, e os seus reforzos desta tempada, están a dar máis guerra da que en principio se agardaba.
O último golpe dos "pequenos", foi esta fin de semana en Madrid, no "I Open Internacional Comunidade de Madrid", e non so se atopaban equipos españois, xa que tamén había un par de equipos italianos (Fiamme Azzurre e Warriors Torino) e un equipo grego (Olympia ITEC). Tanto Madrid Total Soccer como Tiburones FM pasaron a ronda de grupos como primeiros. En cuartos de final, derrotaron a Madrid Total Soccer "C" e Fiamme Azzurre respectivamente, e nas semifinais fixeron o propio co AFT Turia 1981 e o Real Murcia. Os valencianos seguen co seu gafe cos madrileños, e caeron derrotado por un axustado 1-0. Os murcianos, foron sorprendidos polos malagueños, sendo derrotados por 2-0. Así, cheou a final, a final dos "pequenos", que xa se están a facer maiores. Un partido igualado, no que o resultado final fala por si so: Tiburones FM 2 Madrid Total Soccer 1.
En categoría Open, o triunfador foi Carlos Flores (Reggio Emilia), que derrotou na final a Aberto Mateos (Real Murcia).
En categoría veteránsPaolo Finardi (Warriors Torino), desfíxose do seu compañeiro de equipo Vicenç Prats (Warriors Torino).
O resto de categorías, disputáronse no formato de liguilla, sendo o campión e o subcampión das mesmas os seguintes:
Feminina: Carmela Gerosa (Ayerbe FM) - Caridad Morano (Moralzarzal SC)
Sub-12: Jesus Moreno (Tiburones FM) - Alvaro Fretes (Moralzarzal SC)
Sub-15: Javier Moreno (Tiburones FM) - David González (Tiburones FM)
Sub-19: Jonatan Caballero (AFT Turia 1981) - Bruno Gerosa (Ayerbe FM)

Máis información en http://afmmts.blogspot.com/.

P.D.: Agardemos que ninguén mire cousas raras onde non as hai...

xoves, 9 de decembro de 2010

Madrid quenta motores



A vindeira fin de semana, Madrid acollerá o "I Open Internacional Comunidade de Madrid" de Fútbol de Mesa. O nñumero de participantes, vai a ser moi elevado, cun total de 82 xogadores inscritos sumando tódalas categorías (45 Open, 15 Veteráns, 4 Sub-19, 4 Sub-15, 10 Sub-12 e 4 Feminina), de diversas nacionalidades (España, Italia, Malta, Portugal, Grecia...). Na competición por equipos, hai un total de 13 inscritos. Semella que o espectáculo está asegrado, asi que se tedes a oportunidade, non falledes a esta cita.
Toda a información sobre o torneo en http://afmmts.blogspot.com/.

martes, 30 de novembro de 2010

Derrota dolorosa?

Sempre están os mesmos cobardes insultando e descalificando... De que equipo serán? Creo que hoxe non hai dúbidas... Seica non son todos iguais dentro de ese equipo, pero non deberian permitir ter a xente tan despreciable. Realmente non sei a que veñen os insultos desta vez, pero debe ser que a derrota do pasado fin de semana escoceu máis da conta a algún.

luns, 29 de novembro de 2010

David vence a Goliat en Estepa

Ainda non podo deixar de frotar os ollos cada vez que miro os resultados do torneo por equipos de Estepa. Non estou a ver un espellismo, é unha realidade. O "todo poderoso" Real Murcia, non foi quen de superar o Madrid Total Soccer na final do II Torneo Nacional Cidade de Estepa que se disputou a pasada fin de semana en Estepa (Sevilla). A final foi vencida polos madrileños, por un axustado 2-1, collendo por sorpresa a un equipo murciano que non está moi afeito as derrotas en España. O equipo madrileño, acada asi o seu primer triunfo nun torneo nacional, e as fichaxes está a dar os seus frutos.

Cuadro de campións do II Torneo Nacional Cidade de Estepa (nas distintas categorías):

Feminina Beatriz Percio
Sub12 Jesús Moreno
Sub15 David González
Sub19 Jonatan Caballero
Veteranos Nuno Noronha
Open Alberto Mateos
Equipos Madrid Total Soccer

venres, 26 de novembro de 2010

O xogador da semana: Abraham Garcia

Esta semana, traemos nesta sección, a un xogador malagueño que está a dar toda a guerra que pode nos Fútbol de Mesa. É un dos fundadores do clube La Flota S.C., e o seu traballo, de seguro que vai ser recompensado:


Nome: Abraham García Pacheco

Data de nacemento: 1979 (Málaga)

Ano de iniciación: 2009

Clubes: La Flota Soccer Club (2009 ata agora)

Ranking nacional: 39

Ranking internacional: 725

Palmarés: subcampeón do Campionato provincial de Málaga

Se queres formar parte desta sección, manda os teus datos a subbuteogalicia@gmail.com.

Esta fin de semana, II Torneo Nacional Cidade de Estepa (Sevilla)


Esta fin de semana (27 e 28 de Novembro), disputarase en Estepa (Sevilla), o II Torneo Nacional Cidade de Estepa. Na xornada do sábado, disputarase o torneo por equipos e categorías (feminina, Sub-19, Sub-15, Sub-12 e veteráns), e para a xornada do domingo terá lugar o torneo Open.
Máis información en http://www.tiburonesfm.com/.

xoves, 18 de novembro de 2010

O xogador da semana: Flavio Watzka

Nesta ocasión, o xogador elixido para esta sección, non é outro que un italiano afincado en barcelona, de apelido difícil. Este rapaz, que se reincorporou ó Fútbol de Mesa da man do Barcelona FT fai un par de anos, fundou un dos clubes que máis está a traballar polo fútbol de mesa nos últimos tempos, o Palomar FT. Ainda que con pouca intervención en competicións oficiais, o certo é que este clube, está a loitar moito por facer que o Fútbol de Mesa sexa coñecido por terras catalanas:


Nome: Flavio Watzka

Data de nacemento: 1966 (Trieste, Italia)

Ano de iniciación: 1972-1984, reenganchado en 2008

Clubes: Milan Club Subbuteo Trieste (1978-1981), Barcelona FT (2008-2009), Palomar FT (2009 ata agora)

Ranking nacional: 84

Ranking internacional: 364 (veteráns)

Palmarés: -

Se queres formar parte desta sección, manda os teus datos a subbuteogalicia@gmail.com.

1º Torneo de Fútbol de Mesa en Sant Andreu, Barcelona


Ainda que nos queda un pouco lonxe, se alguén ten a oportunidade de pasarse por Barcelona o vindeiro 4 de Decembro, ten que saber que aproveitando as festas do barrio barcelonés de San Andreu, vaise celebrar un torneo de Fútbol de Mesa, organizado polo clube Palomar FT. Tódolos interesados que visiten a web do clube catalán http://palomarfutboltaula.com/.

xoves, 4 de novembro de 2010

O xogador da semana: Jose Carlos Guerrero

Despois dun pequeno parón, voltamos con esta sección, desta vez, cun maño afincado en Madrid, que se meteu de cheo nesta actividade hai uns tres anos, e que pouco a pouco está recollendo os frutos do seu esforzo:


Nome: José Carlos Guerrero Bernaldo de Quirós

Ano de nacemento: 1968 (Zaragoza)

Ano iniciación: 2007

Clubes: Club Ontario (2007), Madrid Total Soccer (2007-ata agora)

Ranking nacional: 22

Ranking internacional: 355

Palmarés individual: Subcampión do Mundo de Veteráns por equipos 2009, Campión Liga de Madrid 2009/2010

Se queres formar parte desta sección, manda os teus datos a subbuteogalicia@gmail.com.

domingo, 31 de outubro de 2010

Resultados: Champions League


O Reggiana (Italia), ven de proclamarse campión da Champions League que se disputou esta fin de semana en Mattersburg (Austria). O equipo italiano, conta nas suas filas co xogador español Carlos Flores, e desfixéronse na final do equipo anfitrion, o Mattersburg. O Peruggia (Italia)e o Pisa (Italia) foron os semifinalistas.
O AFT Turia 1981, acadou un meritoria 11º posto, tendo en conta o potencial dos equipos participantes, mentres que o Real Murcia reamtou 5º.

sábado, 30 de outubro de 2010

Resultados: Europa League



Rematou a Europa League. Despois dun fin de semana moi intenso en Roma, por fin temos tódolos resultados dos equipos españois participantes, o Madrid Total Soccer e o Tiburones FM (Málaga).
O Madrid Total Soccer acadou un meritorio 7º posto, mentres que o Tiburones FM, tivo que conformarse coa 10ª praza.
O campión da Europa League 2010, foi o equipo Atlas (Grecia), que se desfixo na final do anfitrión C.C.T. Roma (Italia) por un axustado 2-1.

A continuación, podedes ver tódolos resultados con participación española:

Fase de Grupos

Bormla (Malta) 1- Madrid Total Soccer 2
Tiburones FM 1 - Atlas (Grecia) 2
Tiburones FM 1 - A.S.D. Bari (Italia) 2
Piraeus (Grecia) 2 - Madrid Total Soccer 2
Tiburones FM 2 - Valletta (Malta) 1
Madrid Total Soccer 1 - Sessana (Italia) 2
Tiburones FM 1 - Les Herbiers (Francia) 2
C.C.T. Roma (Italia) 3 - Madrid Total Soccer 0
Warriors (Italia) 2 - Madrid Total Soccer 0
Bologna Tigers (Italia) 1 - Tiburones FM 0
Madrid Total Soccer 4 - Teeside (Inglaterra) 0

1/4 de Final

Atlas (Grecia) 2 - Madrid Total Soccer 0

5º-8º posto

Madrid Total Soccer 1 - Sessana (Italia) 3


7º-8º posto

Les Herbiers (Francia) 0 - Madrid Total Soccer 3

9º-10º posto

Tiburones FM 2 - Bormla (Malta) 2 (venceron os malteses por diferencia de goles)

Toda a información do torneo en http://www.fistf-europa-league-roma-2010.com/.

Esta fin de semana: Champions League e Europa League

Esta fin de semana, dispútanse os dous torneos de clubes organizados pola FISTF: a Europa League e a Champions League.



A Europa League, vaise disputar en Roma (Italia), e contará coa participación dos equipos españois Madrid Total Soccer e Tiburones FM (Málaga). Para alcanzar o título, deberán loitar contra grandes equipos. O equipo malagueño, quedou grupo A:
Bologna Tigers (Italia), A.S.D. Bari (Italia), F.T.C. Les Herbiers (Francia), Valletta S.C. (Malta) e Atlas Athens (Grecia)
O equipo madrileño, vai xogar no grupo B:
Warriors Torino (Italia), Calcio Tavolo Sessana 1982 (Italia), C.C.T. Roma (Italia), NETFA Teeside (Inglaterra), Bormla S.C. (Malta) e Piraeus Lions TSC (Grecia).




Por outra banda, a Champions League, disputarase en Mattersburg (Austria), e contará coa participación dos equipos españois Real Murcia e AFT Turia 1981 (Valencia). Os rivais serán equipos de entidade, coma o Mattersburg (Austria), o Reggio Emilia (Italia) e o Perugia (Italia). Non dispoñemos de máis información, xa que non se facilita dende a web oficial da competición.

Agardemos que as cousas saian o mellor posible para os equipos españois.


domingo, 17 de outubro de 2010

Resultados do Torneo Cidade de Murcia

O Real Murcia "A", proclamouse vencedor do seu torneo, despois de derrotar na final, o Real Murcia "B"por 3-1. Para chegar ata aqui, o Real Murcia "A", desfíxose nas semifinais, do Total Soccer "A", mentres que o Real Murcia "B", fixo o propio cun AFT Turia 1981, que non da arrancado esta tempada.
Ademais da competicion por equipos, disputáronse as competicíóns por categorías, sendo os resultados os seguintes:

Veteráns: Vicenç Prats (Warriors Torino) 1 - Jose León (Tiburones FM) 0
Sub-19:  Pedro Ortín (Real Murcia) proclamouse vencedor despois de impoñerse na liguilla. David González (Tiburones FM), quedou segundo.

En categoría Open, volveu vencer, coma case sempre, Carlos Flores (Reggiana), despois de derrotar na final o tamén habitual finalista Angel Valverde (Real Murcia) por 5-4

venres, 15 de outubro de 2010

Esta fin de semana, torneo en Murcia


Esta fin de semana, vaise disputar en Murcia, no Palacio dos Deportes, o Torneo Cidade de Murcia 2010. Toda a información sobre o mesmo, está dispoñible en http://realmurcia-cf.blogspot.com/.

domingo, 10 de outubro de 2010

O xogador da semana: Vicenç Prats

Esta semana, temos a honra de presentarvos a un catalán todo-terreo, un "warrior" na cancha, na que ademáis de bo xogo, derrocha veteranía, simpatía e saber estar (o que lle serviu no 2009 para acadar o premio Fair Play da FISTF), cousa que moitos deberíamos aprender:




Nome: Vicenç Prats Salat

Data nacemento: 1970 (Barcelona)

Ano iniciación: 1984

Clubes: Sarrià CD (1984-1995), Catalunya F.T. (1996-2007), ASD Warriors Torino (2007 ata agora)

Ranking Nacional: 4

Ranking Internacional: 49

Palmarés: Campión de España Junior en 1987, Campión de España Open en 2006 e 2009, Campión de Veteranos IO de Palma de Mallorca 2010, Campión de Veteráns IO de Xibraltar 2009, Campión del GP de Corbera de Llobregat ano 1990

Se queres formar parte desta sección, manda os teus datos a subbuteogalicia@gmail.com.

domingo, 19 de setembro de 2010

Resultados do Torneo Nacional Vila de Mislata (Valencia)

Esta fin de semana ven de disputarse o Torneo Nacional de Mislata (Valencia). Xa temos tódolos resultados:

Categoría Equipos

O Real Murcia pescou un triunfo na casa do seu máximo rival, o AFT Turia 1981, despois de derrotar na final ó Madrid Total Soccer, que apenas opuxo resistencia, sendo o resultado final un 3-0 para os murcianos. O AFT Turia 1981, foi sorprendentemente eliminado polo equipo madrileño en semifinais despois de empatar 2-2, pero sendo a diferencia de goles a favor dos madrileños.

Categoría Veteráns

Vicenç Prast (Warriors Torino) comeza a tempada no máis alto nesta categoría. O bravo xogador catalán desfíxose na final do xibraltareño Jonh Field (Tiburones FM), nun partido con poitos goles, pero moi igualado, sendo o resultado final un 4-3.

Categoría Open

A ausencia de Carlos Flores (Reggiana), deixou o camiño despexado para os xogadores murcianos Alberto Mateos (Real Murcia) e Angel Valverde (Real Murcia), sendo o primeiro o vencedor final, cun axustado 1-0.

Categoria Sub-19

Jesus Moreno (Tiburones FM), foi quen de derrotar a David González (Tiburones FM), endosándolle un 5-3.

venres, 17 de setembro de 2010

Comeza a tempada de Fútbol de Mesa en Mistala (Valencia)


Despois do periodo vacacional, chega por fin a nova tempada de Fútbol de Mesa. O primeiro torneo disputarase esta fin de semana en Mislata (Valencia), sendo o escenario do mesmo o Pavillón da Canaleta. O sábado 18 disputarase a competición por categorias e por equipos. Para o domingo 19, quedará a competición open. O número de inscritos ronda os 40 para a competición open, 25 en veteranos, 7 sub-19 e 6 equipos.
Para máis información podedes visitar: http://www.futboldemesa.com/

Boas novas para o Fútbol de Mesa

Carta de Piero Capponi (presidente da AFM) ós socios da AFM:

"Hola a todos. El pasado día 14 de septiembre se ha firmado en Madrid un acuerdo de colaboración entre la Asociación Española de Fútbol de Mesa, el Madrid Total Soccer, el Sport Arena y el Atlético de Madrid.
Dicho acuerdo prevé que a partir del 1 de octubre de este año la AFM y el Madrid Total trasladarán su espacio de juego al Estadio Vicente Calderón, en concreto en el espacio multiuso del Sport Arena (restaurante, museo, parque infantil etc...) localizado en la puerta 23 del estadio.
Aquí la AFM y el Madrid Total Soccer instalarán 4 campos "the Utimate", en colaboración con la conocida marca italiana Astrobase y empezará a organizar desde ya su actividad de entrenos y torneos.
En el acuerdo también está previsto que el club Atlético de Madrid hará conocer a sus más de 40.000 socios ésta nueva posibilidad de ocio y deporte en el interior de su estadio.
Como presidente de la AFM y del Madrid Total Soccer quiero solo añadir que este acuerdo abre una nueva etapa de crecimiento y de visibilidad para nuestro juego en toda la geografía española.
Aprovecho también para dar las gracias al socio de la AFM Carlos Martínez por su fantástica labor en esta gestión y al departamento de marketing de la AFM y del Atlético de Madrid por la extraordinaria disponibilidad.
Un gran abrazo a todos los socios de la AFM."

Seria posible isto cos clubes galegos? Podería supoñer un gran lanzamento do xogo na comunidade. Vexamos como funciona a experiencia en Madrid, xa que de seguro que vai ser do máis efectiva. Noraboa a tódolos implicados neste logro.

xoves, 16 de setembro de 2010

O xogador da semana: Juan Noguera

Hoxe presentámosvos a un dos xogadores que máis destacou no Real Murcia nos últimmos anos. Non leva moito xogando, uns 6 anos, pero ten un palmarés que asusta. Despois da sua "escapada" italiana do pasado ano, esta tempada volverá con forza ao seu equipo, o Real Murcia:



Nome: Juan Gabriel Noguera Cristiano

Data de nacemento: 1990 (Murcia)

Ano de iniciación no Fútbol de Mesa: 2004

Clubes: Palmar Flames (2004-1006), Real Murcia (2007-2009), Reggio Emilia (2009-2010), Real Murcia  (2010-2011)

Ranking nacional: 28

Ranking internacional: 97

Palmarés: campión do mundo Sub-15, campión do mundo Sub-19, 3 veces campión do mundo por equipos Sub-19, 4 veces campión de España Sub-19, 3 veces campión do Ranking español Sub-19, 2 veces campión do Major de Mons Sub-19, campión do Major de Bologna Sub-19, 3 veces campión de España por equipos (Real Murcia), campión do Major de Bologna por equipos (Reggio Emilia), subcampeón do Spanish IGP, campión do IO Valencia.

 
Se queres formar parte desta sección, manda os teus datos a subbuteogalicia@gmail.com.

martes, 14 de setembro de 2010

Xa está eiqui KUSTOsubbuteo


Presentámosvos un novo blog, KUSTOsubbuteo. Este blog, creado polo incombustible Jose León, está dedicado á personalización de equipos de Fútbol de Mesa/Subbuteo. Jose León amósanos os seus traballos, para que, si nos interesa, lle encarguemos o noso equipo favorito, sexa cal sexa, puidendo solicitar tanto figuriñas como stickers para os discos. Xa non tedes excusa, é o primeiro blog deste tipo de España, co cal vai ser moito máis sinxelo facer os encargos. O traballo que se pode ver polo de agora non está nada mal. Para m´ñais información visitade http://kustosubbuteo.blogspot.com/.

Algún dos equipos que podemos ver polo de agora, neste caso o Stuttgart alemán (Foto:KUSTOsubbuteo)

Os stickers tampouco os podemos pasar por alto, como este do Aberdeen escocés (Foto: KUSTOsubbuteo)

luns, 13 de setembro de 2010

Cobardes sempre os houbo

Sempre estamos coas mesmas historias. O típico cobarde que insulta e descalifica, sen dar a cara. Hai xente que se sentiu ofendida polo artigo sobre a actuación da selección española Open no mundial de Rain, e deu a cara, argumentando as súas críticas sobre o meu comentario, e poñendo o seu nome. Iso é admirable, xa que, sen descalificar (eu tampouco descalifiquei a ninguén no meu artigo), expresaron a súa opinión. Logo están os de sempre, os cobardes, que so saben poñer comentarios sen sentido e sen argumentación. Se ten o que hai que ter, que de a cara. Por suposto que vou solicitar por parte da AFM, as medidas que sexan necesarias contra esa persona (sempre e cando, que non o creo, de a cara).

martes, 7 de setembro de 2010

O xogador da semana: Diego Tagliaferri

Esta semana presentámosvos a un verdadeiro crack. Con tan so 13 anos, este rapaz leva unha carreira subbuteística do mais envexable, e un palmarés dun autentico campión. Fillo de Stefano Tagliaferri, está a ser unha das sensacións nos terreos de xogo e co todo o percorrido que lle queda por diante, seguro que vai a dar moito que falar:




Nome: Diego Tagliaferri

Data de nacemento: 1997 (Italia)

Ano de iniciación no Fútbol de Mesa: 2006

Clubes: SS Lazio TFC (2006 ata agora)

Ranking nacional: - (Italia)

Ranking internacional: 3 (sub-15)

Palmarés: 2 veces campión do mundo Sub-12, 2 veces campión do mundo sub-12 coa selección italiana, 4 copas de Italia, 2 campiotaos de Italia, 3 veces campión do Major de Bologna Sub-12 e dúas veces Sub-15 (2008 e 2009).

Se queres formar parte desta sección, manda os teus datos a subbuteogalicia@gmail.com.

Fichaxe á vista?

A rumoroloxía das fichaxes fala dunha posible incorporación nun clube do levante... Quen pode ser este xogador? Será un xogador do nordeste da península? De ser, de seguro que vai ser unha gran fichaxe para ese clube...

domingo, 5 de setembro de 2010

Nova decepción da selección española Open no Mundial de Rain (Alemaña)


Se onte a vida era marabillosa, hoxe pode calificarse de desastrosa. Non todo era o que parecia na competición individual, e por equipos sairon á luz os "pecados" do combinado nacional.
Os únicos que se poden salvar son os compoñentes do equipo de Veteráns, que fixeron o de sempre, e o que puideron frente a todopoderosa selección italiana, que volveu derrotar os nosos na final (3-0) por enésima vez consecutiva. Un subcampionato que sabe a pouco por ser costume nos últimos anos.
O equipo Sub-19 sucumbiu na final (3-1) ante unha Holanda a priori asequible. Sorprendeu a incorporación no equipo titular do combinado nacional, do xogador Sub-15 David González, en detrimento do xogador que se gañara o posto por Ranking, Jonatan Caballero.
Pero o máis sangrante e decepcionante ocorreu na categoría Open. Na fase de grupos, a actuación do equipo foi máis que sobresainte, ainda que se puideron ver cousas un pouco "curiosas". Sorprendentemente, o capitan do equipo foi Alberto Mateos, e digo sorprendente, porque todo facia pensar que o capitan ía ser o seleccionador Piero Caponi. O que da que pensar, é que un xogador que non tiña clasificación por Ranking para ir ó Mundial, vaia, e ainda máis que lle quite o posto a un xogador, que si gañouese posto. O final, o batacazo foi o de sempre, ou se cadra ainda máis forte, porque habia un equipazo... ou non?

Os españois no mais alto

Moi boas novas nos chegan dende Rain (Alemaña), onde se está a disputar a FISTF World Cup 2010. Na xornada de onte, disputouse a competición individual, obtendo o combinado nacional, uns boisimos resultados.
Na categoría Open, Carlos Flores, proclamouse, por fin, campión do mundo, despois de derrotar na final ó italiano Daniele Bertelli por un claro 4-2.
Na categoría Veteráns, foi neste caso J.C. Granados o que chegou ó máis alto. Derrotou na final ó italiano  Francesco Mattiangeli, nun partido moi duro, que se resolveu nos tiros directos (2-1 para o español).
Na categoría Sub-19, Jose A. Ros destrozou ó seu rival na final, o holandes Cassey Van Os, endosándolle un contundente 4-1.
Na categoría Sub-15, o noso único representante David González, non pasou dos cuartos de final, e caeu derrotado por 3-1 polo holandes Jovi Willejins.
Agardemos que na competición por equipos as cousas segan polo mesmo camiño.
Noraboa a todos!!

venres, 3 de setembro de 2010

Chega o Mundial!

Por fin chega a maior cita do Fútbol de Mesa mundial, a FISTF Worl Cup. Lembremos este ano se celebra na localidade de Rain (Alemaña). A "mini-vermella" deplazouse a Alemaña con tódala artilleria pesada, na busca dos mellores resultados posibles. Lembremos os equipos que participarán nas distintas categorías:

Open: Carlos Flores, Alberto Mateos, Angel Valverde, Vicente Benita, Juan Noguera e M.A. Heredia.
Veteráns: J.C. Granados, Fernando Gómez, Arturo Martínez, Ferrán Coll, Maxim Aguirregabiria e Vicenç Prats.
Sub-19: Jose A. Ros, Ivan Romera, Jonatan Caballero, Pedro Ortín e David González.

Individualmente estaremos representados por:

Open: Carlos Flores, Angel Valverde e Alberto Mateos.
Veteráns: J.C. Granados, Fernando Gómez, Arturo Martínez e Ferrán Coll.
Sub-19: Jose A. Ros, Ivan Romera, Pedro Ortín e Jonatan Caballero.
Sub-15: David González.

Sorte a todos e a disfrutar do Fútbol de Mesa.

Tota a información sobre o Mundial está disponible en http://www.worldcuprain2010.de/index_eng.htm.

xoves, 2 de setembro de 2010

O xogador da semana: Stefano Tagliaferri

Hoxe presentámosvos a un xogador italiano, que ainda que non leva moito tempo competindo (xogaba o Subbuteo de neno, pero sen chegar a competir), estase a facer un hoco entre os grandes deste deporte. Actuamente é o secretario da FISTF.




Nome: Stefano Tagliaferri

Data de nacemento: 1964 (Italia)

Ano de iniciación no Fútbol de Mesa: 2006

Clubes: SS Lazio TFC (2006 ata agora)

Ranking nacional: - (Italia)

Ranking internacional: 40 (veteráns)

Palmarés: Semifinalista do GP de Austria
 
Se queres formar parte desta sección, manda os teus datos a subbuteogalicia@gmail.com.

venres, 27 de agosto de 2010

O Basket de Mesa, outra alternativa

Hoxe acabamos de coñecer unha das cousas relacionadas co Subbuteo (gracias ó foro de afeccionados ó fútbol de mesa http://subbuteospain.mforos.com/), mais curiosas das que temos visto nos últimos tempos: o Basket de Mesa. Si, non están a ler mal, o Basket de Mesa pode ser unha realidade, gracias ó fantástico traballo do valenciano Edu Casanova. A verdade que non pode haber momento máis idóneo ca o Mundial de Basket, para agudiza-lo inxenio, e facer que alguén, afeccionado ó Fútbol de Mesa, sexa capaz de adaptar esta aficción, ó basket. Déixovos as fotos do marabilloso espectáculo do Basket de Mesa. Quen sabe se o rapaz debería patenta-la idea... Que diría o gran Andrés Montes se tivera isto nas suas mans? Jugoooooooooooooooooon!!!


Plano xeral da cancha de basket (Foto: Edu Casanova)

Non poden faltar os árbitros... (Foto: Edu Casanova)

O balón preparado para o saque inicial (Foto: Edu Casanova)

O marcador non pode ser máis realista (Foto: Edu Casanova)

Animadoras!! (Foto: Edu Casanova)

Outro detalle da cancha, no que destaca a área da canasta (Foto: Edu Casanova)

Agardemos que vos guste esta nova modalidade, e ogallá a vexamos algún día nas tendas.

xoves, 26 de agosto de 2010

FISTF World Cup 2010 (Rain - Alemaña)


A vindeira fin de semana (do 3 ó 5 de Setembro), vaise disputar na localidade de Rain (Alemaña), unha nova edición do Mundial de Fútbol de Mesa, organizado pola FISTF.
A selección española, parte coa ilusión de revalida-lo título de campiona do mundo Sub-19 por carto ano consecutivo, e de conseguir por fin, o título na categoría de Veteráns, xa que nos últimos dous mundiais, tivéronse que conformar coa segunda praza. O equipo Open, terá que loitar moi duro para evitar o desastre do ano pasado.
Toda a información sobre o mundial na páxina oficial do mesmo: http://www.worldcuprain2010.de/index_eng.htm.

O xogador da semana: Luis F. Méndez

Hoxe temos ante nos aun "rapaz" que xogaba alá polos anos 80 a unha cousa que lle chamaban subbuteo... Despois de moitos anos afastado da competición, este malagueño coa típica gracia andaluza (e non é un tópico), retornou os "terreiños" de xogo fai un par de anos, tentando volver a ser o xogador que foi:




Nome: Luis Felipe Méndez Banderas

Data de nacemento: 1964 (Málaga)

Ano de iniciación no Fútbol de Mesa: 1977

Clubes: Club Málaga Subbuteo (1980), Tiburones FM (2009 ata agora)

Ranking nacional: 16

Ranking internacional: 82 (Veteráns), 209 (Open)

Palmarés: campión de Andalucía (1981, 1982, 1983, 1984, 2009), semifinalista Campionato de España (1984), semifinalista Campionato de Andalucía (2010)

Se queres formar parte desta sección, manda os teus datos a subbuteogalicia@gmail.com.

luns, 16 de agosto de 2010

O xogador da semana: Vincent Coppenolle

O xogador que nos vai acompañar durante toda esta semana, será o primeiro xogador extranxeiro, en concreto de Bélxica, que temos na lista. Ainda que cun palmarés nulo en canto a triunfos, este belga, foi ata fai pouco o presidente da FISTF.




Nome: Vincent Coppenolle

Data de nacemento: 1974 (Tournai, Bélxica)

Ano de iniciación no Fútbol de Mesa: 1989

Clubes: Templeuve United (1989 ata agora)

Ranking nacional: 42 (Bélxica)

Ranking internacional: 180

Palmarés: 4 veces subcampión dun FISTF Satellite

Se queres formar parte desta sección, manda os teus datos a subbuteogalicia@gmail.com.