Esta fin de semana, dispútanse os dous torneos de clubes organizados pola FISTF: a Europa League e a Champions League.
A Europa League, vaise disputar en Roma (Italia), e contará coa participación dos equipos españois Madrid Total Soccer e Tiburones FM (Málaga). Para alcanzar o título, deberán loitar contra grandes equipos. O equipo malagueño, quedou grupo A:
Bologna Tigers (Italia), A.S.D. Bari (Italia), F.T.C. Les Herbiers (Francia), Valletta S.C. (Malta) e Atlas Athens (Grecia).
O equipo madrileño, vai xogar no grupo B:
Warriors Torino (Italia), Calcio Tavolo Sessana 1982 (Italia), C.C.T. Roma (Italia), NETFA Teeside (Inglaterra), Bormla S.C. (Malta) e Piraeus Lions TSC (Grecia).
Por outra banda, a Champions League, disputarase en Mattersburg (Austria), e contará coa participación dos equipos españois Real Murcia e AFT Turia 1981 (Valencia). Os rivais serán equipos de entidade, coma o Mattersburg (Austria), o Reggio Emilia (Italia) e o Perugia (Italia). Non dispoñemos de máis información, xa que non se facilita dende a web oficial da competición.
Agardemos que as cousas saian o mellor posible para os equipos españois.
Para máis información: http://www.champions-league2010.at/index.php?id=3&L=1 e http://www.fistf-europa-league-roma-2010.com/.
Ningún comentario:
Publicar un comentario