Visitas

sábado, 30 de xuño de 2018

Mohamed Salah, o rei de Exipto

Desta vez, presentamos a un dos xogadores que está a causar sensación nas últimas datas, e que está a destacar de maneira sorprendente no seu equipo. Estamos a falar de Mohamed Salah, o xogador exipcio do Liverpool FC, que cuallou unha espectacular temporada na liga inglesa e na Champions League, despois de chegar ó equipo inglés procedente da AC Roma (Italia). A pesar de non facer un moi bo papel no mundial coa sua selección (chegou lesionado), é un dos xogadores que vai dar moito que falar no mercado de fichaxes veraniego. Coma sempre, pintado totalmente a man.




Godin, o central perfecto

A figuriña que presentamos, é a dun xogador do Atlético de Madrid, que ten méritos de sobra para ser considerado un dos mellores centrais do mundo. Está representado coa segunda equipación da tempada 2013-14, coa que xustamente marcou o gol no Camp Nou que lle deu o título de liga o seu equipo na derradeira xornada. Totalmente pintado a man.