Visitas

xoves, 7 de decembro de 2017

¿Queres a túa figuriña?


Subbuteo Galicia ábrese o mundo. Se queres a túa figuriña de Subbuteo personalizada, non dubides en contactar con nos en subbuteogalicia@gmail.com, onde informaremos das condicións do pedido.  As figuriñas están totalmente pintadas a man e teñen un tamaño aproximado de 4x3cm (incluido o mini expositor). Non quedes sin ela!!

Millán, o guerreiro gaélico de Ourense


O noso último traballo ten unha función moi especial. Desta vez, o xogardor e o deporte representados, son pouco coñecidos, así que dende Subbuteo Galicia, propuxémonos aportar o noso pequeno gran de area e darlle un pouco de difusión. O deporte en cuestión e o Fútbol Gaélico, un deporte de equipo de orixe presumiblemente irlandés, que se xoga nun campo de herba rectangular con porterías en forma de H, con 15 xogadores por equipo, e que podería dicir, a groso modo e para os que non o viran nunca, que é unha mistura de fútbol e rugbi. Podedes obter máis información na páxina da Asociación Galega de Fútbol Gaélico e na páxina da GAA (Gaelic Athletic Association).
Presentámosvos a Millán, xogador do Auriense FG, equipo da cidade de Ourense, que milita na primeira división da Liga Galega de Fútbol Gaélico, coa equipación da tempada 2017-18. Coma sempre, pintado totalmente a man. 








sábado, 28 de outubro de 2017

Champions League en Rochefort (Bélxica)


Esta fin de semana, estase a disputar en Rochefort (Bélxica), unha nova edición da Champions League de Fútbol de Mesa. Un total de 36 equipos forman parte da competición europea de clubes, e 3 son españois: Moralzarzal Subbuteo Club, Tiburones FM e CAP Ciudad de Murcia. Desexámoslles as mellores das sortes e ogallá acaden un bo resultado.

Iriome, experto en goles no derradeiro minuto

Novamente o Clube Deportivo Lugo, forma parte desta miuda homenaxe que facemos a grandes e pequenos xogadores ou equipos, do fútbol galego. Escollemos a Iriome, polo seu bo inicio de tempada 2017-18, na que se está facendo todo un experto en anotar goles no derradeiro minuto, que fan que o C.D. Lugo, esté agora mesmo no máis alto da táboa na 2º división. Agardemos que vos guste. E para que repetilo, pintada a man...



Maxi Gómez, o goleador novato

A nova figuriña que acabamos de rematar, non é outra que a do uruguaio Maximiliano Gómez, xogador do Real Club Celta de Vigo, que chegou a principios de verán como reforzo para a dianteira na tempada 2017-18. As expectativas depositadas no rapaz, están a ser cumpridas co creces a base de goles e bos actuacións cada vez que xoga. 5 goles nas primeiras xornadas de liga, ben merecen a nosa miuda homenaxe e de seguro que este rapaz dará moito que falar. Coma sempre, o de semre, pintada a man.



 


domingo, 15 de outubro de 2017

Cañizares, trofeo Zamora

Santiago Cañizares , chegou ó Real Club Celta de Vigo na tempada 1992-93, procedente do Mérida, e acadou, esa misma tempada, o trofeo Zamora. Pero quizáis é máis interesante a tempada 1993-94, tempada na que cualla grandes actuacións, que fan que o Celta acade a Final da Copa do Rei por segunda vez na súa historia. Foi o 20 de abril dese mesmo ano, e a pesar de que a derrota foi dura e amarga por esa fatídica tanda de penaltis, seguimos tendo na retina esa intervención ante Higuera (se mal non me lembro), na que lle arrebata o balón dos pes nun man a man. O final desa tempada, Cañizares ficha polo Real Madrid. Para nos, esa final de Copa, por moi triste que sexa, foi un exemplo de coraxe e de afouteza, que vale a pena rememorar, por eso fixemos a figuriña de Cañizares coa equipación que vestiu esa noite, pintada a man.






Javier Maté, unha vida no Celta

Javier Maté foi un deses xogadores de clube, dos que apenas quedan no fútbol moderno. Chegou ó Real Club Celta de Vigo no ano 1981, procedente do Real Madrid, e retirouse no ano 1993 defendendo a elástica celeste. Foron 12 anos nos que houbo bos e malos momentos, pero nos quedamos coa tempada 1986-87, ano en que o Celta acadou novamente o ansiado ascenso á primeira división. Coma sempre, pintado a man.




venres, 29 de setembro de 2017

Gustavo López, o "corvo" celeste

Outro xogador que hai que ter en contar para falar de xogadores históricos, non é outro que o arxentino Gustavo López. Cehgou ó Real Club Celta de Vigo na millor época do clube, e deixou tardes para al lembranza. Unha delas, foi a do gol que marcou en Lieja (Bélxica), na UEFA da tempada 2006-07, e que abría con bo pe o camiño do celta na competición Europea.




Mostovoi, o "zar" que reinou en Balaídos

Un xogador que non podía faltar nesta lista de xogadores históricos a reproducir en figuriña de Subbuteo é o ruso Alexander Mostovoi. Foi sen dúbida un dos grandes xogadores que tivo e terá o Real Club Celta de Vigo ó longo da súa historia. Foi capaz do millor e do pior, pero sempre nos quedaremos coas tardes de gloria e as leccións maxistrais de fútbol que deu ó longo das súas tempadas no Celta. Está pintado coa equipación que vestiu a tempada da súa fichaxe, a 1996-97.




Fenoy, o porteiro goleador (2)

Outra máis do porteiro que fixo época no Celta e que merece esta homenaxe. Desta vez coa equipación que vestiu a tempada 1976-77, no estadio Vicente Calderón.




Fenoy, o porteiro goleador (1)

Desta vez, o protagonista é Fenoy, un porteiro arxentino que xogou no Real Clube Celta nos anos 70, e que tiña unha particularidade: era o lanzador de penaltis. Acadou ser o máximo realizador dor Celta unha tempada. Aquí o vemos coa equipación da tempada 1975-76:



Vlado Gudelj en figuriña de Subbuteo

Presentamos unha das novas creacións de Subbuteo Galicia: Valdo Gudelj, do Real Club Celta de Vigo, coa equipación da UEFA 1998-99, en concreto, do partido Celta 3 - Liverpool 1, no que marcou o terceiro gol para os vigueses. Coma sempre, pintada a man. Agardemos que vos guste.



LEFM 2017



Os pasados 22 e 23 de abril, disputouse a LEFM 2017, repetindo a sede de Talavera. O equipo malagueño Tiburones FM fíxose co título por diante de GDR Tires (Portugal), CAP Murcia e Gibraltar TSA. En total foron 10 os equipos participantes.
Mais información na web da AEFM.

domingo, 10 de setembro de 2017

Fichaxes tempada 2017-18

Finaluzou o mercado de fichaxes dos equipos nacionais de cara a tempada que está a piques de comenzar.
Destacamos o retorno do galego Santi R. Escudero ó seu clube de orixe, o AFT Turia 1981, deixando o SC Móstoles.
Tamén resaltamos os movementos no Tiburones FM, que fichou a dous grandes xogadores, Jonh Field (Xibraltar) e Daniel Scheen (Bélxica), pero perden a súa perla, Antonio Casin, que ficha polo clube xibraltareño Lincoln Red, recentemente creado. Mais información na web da AEFM.

Mundial FISTF


A pasada fin de semana, os días 5, 6 e 7 de setembro, disputouse na localidade francesa de Elancourt, unha nova edición do Mundial de Fútbol de Mesa. Esta edición, non vai ser membrada como as anteriores, xa que a selección española pouco puido facer, xa que a maioria das principais estrelas da mesma non acudiron á cita e só se pudieron alcanzar jn par de semifinais en veteráns, tanto en individual como en equipos. Polo demáis, pouca historia, Italia arrasou en toda las categorías de equipos e o campionato individual open foise para Bélxica.
Toda a información a podedes atopar na web oficial.

martes, 8 de agosto de 2017

Iago Aspas (Celta de Vigo) en Subbuteo

A última creación de Subbuteo Galicia xa está lista. Desta vez, o presente do Real Club Celta de Vigo é o protagonista, da man de Iago Aspas vestido coa equipación que o clube vigués vai vestir esta tempada 2017-18. En breve máis figuriñas históricas do R.C. Celta de Vigo.





mércores, 12 de xullo de 2017

Baltazar (Celta de Vigo) en Subbuteo

Nos anos oitenta, o Real Club Celta de Vigo, era chamado o equipo ascensor. Na tempada 1985-86, chegou un xogador brasileño que foi un ídolo para o celtismo: Baltazar. Un par de tempadas despois, debido ó seu talento goleador, foi fichado polo Atlético deMadrid.
Dende Subbuteo Galicia, queríamos facerlle unha humilde homenaxe, e que mellor maneira, que facer a súa réplica en figuriña de Subbuteo. Agardemos que vos guste.




martes, 13 de xuño de 2017

O Rápido de Bouzas en Subbuteo

Xa temos lista a figuriña do Rápido de Bouzas, coa que queremos facerlle unha pequena homenaxe ó equipo modesto e centenario da cidade de Vigo, que milita na 3ª división, grupo galego, e está a facer historia nos playoffs de ascenso a 2ªB, capitaneados por un grande do fútbol como é Patxi Salinas. Toda a sorte do mundo na última eliminatoria que lles queda e ogallá acaden ese traballado ascenso.




domingo, 11 de xuño de 2017

Fútbol de Mesa na rúa en Cangas


O pasado domingo 4 de xuño, Cangas voltou acoller ó Fútbol de Mesa. Desta vez, unha actividade organizada por A Illa dos Ratos e o Concello de Cangas que consistiu en xogos na rúa como carreiras de chapas, a mariquitilla, a goma, a corda, as bolas e por suposto o Fútbol de Mesa. Moitas foron as familias que se achegaron a disfrutar festa divertida xornada.