Visitas

martes, 30 de marzo de 2010

Boa acollida do Fútbol de Mesa e do Fútbol Chapas en Ourense

As mellores expectativas cumpríronse na actividade conxunta entre o Fútbol Chapas e o Fútbol de Mesa que se celebrou en Ourense estes días (29 e 30 de Marzo). Como representante do Fútbol Chapas, estivo Millán Brea, organizador da actividade, e polo Fútbol de Mesa, estivo Santi R. Escudero (AFT Turia 1981).

Na primeira xornada, foron perto de 10 os nenos que se acecaron ata as instalacións da Casa da Xuventude da cidade de Ourense para disfrutar de ámbolos dous xogos.
O día seguinte, a sorpresa foi maiúscula, cando apareceron perto de 20 nenos, e o mellor de todo, e que algún chegaba para repetir a experiencia que xa vivira o día anterior. O interese mostrado polos dous xogos foi enorme, e as gañas e a emoción coa que cantaban os goles, era sinal de que estaban a pasalo en grande.
O local da Casa da Xuventude ateigado de nenos

Os nenos atendendo as explicacións de Santi R. Escudero

A Asociación Xuvenil "Amencer", foi a encargada de achegar a tódolos nenos ata a actividade, e foi agasallada, gracias a Total Soccer (o que novamente lle agradecemos a sua colaboración na actividade), cuns sets de xogo e uns equipos, para que os nenos podan seguir disfrutando do Fútbol de Mesa.

Os nenos e os monitores de "Amencer" con Santi R. Escudero e os agasallos de Total Soccer

NOTA: Por razóns de tipo legal, e tendo en conta como está o tema dos menores, este blog decidiu tapar, na medida do posible, as caras dos nenos.

domingo, 28 de marzo de 2010

Novo presidente da AFM

Aproveitando a celebración da primeira xornada da LEFM, celebrouse o Congreso Extraordinario da AFM, donde foi confirmado como presidente da mesma Piero Capponi, o único candidato oficial á mesma. Desexámoslle a maior das sortes nesta andaina.

Clasificación despois da primeira xornada da LEFM


Acaba de rematar a xornada de ida da LEFM, e salvo algunha sorpresa, os resultados e a clasificación foron os agardados. Así, o Real Murcia gañou tódoo seus partidos, sendo o AFT Turia 1981 o único que lle puido plantar cara, e o Barcelona FT, non foi que de sumar ningún punto no seu casilleiro. O equipo revelación, foi o Mallorca Aguilas, que foi quen de colocarse cuarto na clasificación, despois de derrotar contra todo pronóstico ó S.C. Madrid Total Soccer, que acusou a baixa de Maxim Aguirregabiria. Con todo, eiqui está a clasificación xeral:

1- Real Murcia....................................18 ptos
2- AFT Turia 1981...............................15 ptos
3- Tirubones FM..................................12 ptos
4- Mallorca Aguilas.............................. 7 ptos
5- S.C. Madrid Total Soccer................. 6 ptos
6- Gibraltar AST.................................. 4 ptos
7- Barcelona FT................................... 0 ptos

A xornada de volta, disputarase en Madrid os días 15 e 16 de Maio, pero despois do visto na primeira xornada, o Real Murcia ten a liga no peto, xa que o AFT Turia 1981, deberia derrotalo por 3-0 coma mínimo, para igualar o resultado da ida, sempre e cando, este partido sexa o decisivo para decidi-lo campionato.

venres, 26 de marzo de 2010

Chega a Liga!!



Xa era hora. Un dos grandes pasos para consolida-lo Fútbol de Mesa no estado, xa está dado. A creación da Liga Española de Futbol de Mesa (LEFM), supón un salto de calidade, que de seguro vaille dar a este "deporte" a categoría que se merece.
Mañá sábado, arrancará en Murcia esta primeira edición da LEFM (na sua primeira volta, xa que a segunda volta celebrarase en Madrid no mes de Maio), na que participarán un total de sete equipos na Primeira División, e cinco na Segunda División (Liga de Filiais). Os participantes na categoria de "ouro" serán o Real Murcia, o AFT Turia 1981 (Valencia), o S.C. Madrid Total Soccer, o Tiburones FM (Málaga), o Barcelona FT, o Mallorca Águilas e o convidado Gibraltar TSA. Hai que lamentar as ausencias do Catalunya FT (Barcelona), La Flota S.C. (Málaga) e o Madrid 1980 S.C.. Na "Liga de Filiais", tomarán parte o Real Murcia "B", o AFT Turia 1981 "B", o S.C. Madrid Total Soccer "B", o Tiburones FM "B" e o Gibraltar TSA "B".
A priori, os favoritismo  da LEFM recae sobre o Real Murcia, auténticos dominadores dos torneos nacionais nos últimos anos, ainda que o AFT Turia 1981, pode ser outro gran candidato ó título, xa que o plantel é moi competitivo, e o reforzo portugués Jaime Silva, pode ser un revulsivo no equipo. O outro requipo a ter en conta, é o Tiburones FM, un equipo moi ben reforzado co portugués Nuno Noronha , José León e Ferrán Coll (dous xogadores que volven a xogar nun equipo español depois da sua andaina en italia). Ainda así, pese a que estes equipos poden ser os que copen as primeira posicións, non hai que descartar ó S.C.Madrid Total Soccer, a priori o cuarto equipo na loita polo título, pero que últimamente están a dar máis guerra da prevista. O Barcelona FT e o Mallorca Águilas, son a priori os equipos máis frouxos da liga (sempre dende o respeto e a lóxica da clasificación da AFM), e o tapado pode ser o Gibraltar TSA, un equipo prácticamente descoñecido que pode sacarlle as cores a máis de un.
Na "Liga de Filiais", o favorito claro é o Real Murcia "B", e os demáis equipos pelexaran por non ser o último clasificado, xa que andan todos nun nivel moi semellante.
A atención dos galegos, debe estar no AFT Turia 1981, xa que é o equipo que conta con representación galega (Dani Soto e Santi R. Escudero). Hai que lamentar que ningún dos xogadores galegos estará presente nesta primeira volta da liga, pero ainda así, estaremos moi pendentes do que faga o seu equipo.
Toda a información sobre a LEFM a podedes atopar en http://lefm2010.blogspot.com/.

xoves, 18 de marzo de 2010

Blog da LEFM 2010


Xa está dispoñible o blog da Liga Española de Fútbol de Mesa. Neste blog, poderemos atopar tódala información sobre os clubes participantes, asi como o desarrollo da competición.

venres, 12 de marzo de 2010

Universal Bases


Unha gran gama de cores a escoller (Giuliano Gazzoldi)

Aparecen a escena unhas novas bases para o Fútbol de Mesa. Cunha estética realmente fantástica, non só polas cores (unha gran variedade e totalmente distintas as que ata agora estabamos afeitos), se non pola forma (moi semellante as ¿EW?), de seguro que poden dar moita guerra nos vindeiros torneos. Para máis información entrar no grupo do Facebook: http://www.facebook.com/group.php?v=info&gid=397022157424.

Así quedan coas figuriñas nunha réplica do Alessandria (Luca Rajna)

xoves, 11 de marzo de 2010

"Exhibición" de Fútbol de Mesa en Ourense

O que anunciabamos hai uns días, hoxe xa está máis que concretado e preparado. Os vindeiros 29 e 30 de Marzo, celebrarase na Casa da Xuventude da cidade das Burgas (Ourense), o "Campionato Semana Santa 2010" de Fútbol Chapas. O horario será de 16:30 a 19:30 ámbolos dous días. Así mesmo, haberá unha "exhibición" de Fútbol de Mesa (Subbuteo), para que todos aqueles interesados poidan ver e aprender como se xoga.
Ademáis, podemos confirmar tamén, a colaboración de Total Soccer, a quen lle agradecemos a súa implicación coa actividade.
Agardamos a vosa asistencia!!

sábado, 6 de marzo de 2010

Major de Mons 2010

Un instante do torneo (Vincent Coppellone)

Estase a disputar na localidade belga de Mons, o torneo internacional Major de Mons, coa participación dos equipos españois Real Murcia e Tiburones FM. Os primeiros foron elimninados nos barrages polo SC Stembert "B", mentres que o Tiburones foi derrotado polo CCT Eagles Napoli "A", nos cuartos de final. O vencedor final por equipos foi o CCT Eagles Napoli "A", que derrotou na final ó TFC Mattersburg por diferencia de goles (8-6), despois de que o partido remataran cun empate 2-2.
Noraboa o equipo malagueño por esta gran actuación nun dos torneos de máis solera no panorama internacional.
Na categoría OPEN, o vencedor foi o murciano Carlos Flores (Reggio Emilia), tras derrotar na final ó italiano Massimo Bolognino (Eagles Napoli) por 4-2. Noraboa ó xogador español polo seu éxito.
Outro xogador murciano, Ivan Romera, alzouse co título na categoría SUB-19, despois de gañar a final 1-0 ó holandés Van Os (MVV Rijnmond). Parabéns rapaz!

venres, 5 de marzo de 2010

1ª Liga Española de Fútbol de Mesa A.F.M.

Os días 27 e 28 de Marzo, celebrarase cidade de Murcia, no Pazo dos Deportes, a primeira volta da "1ª Liga Española de Fútbol de Mesa A.F.M.". Os equipos participantes serán sete: Real Murcia, AFT Turia 1981, S.C. Madrid Total Soccer, Tiburones FM, Mallorca Aguilas FM, Barcelona FT e Gibraltar TSA. Os ollos dos galegos, estarán postos no equipo valenciano AFT Turia 1981, que conta con dous xogadores da nosa terra nas súas filas, e tratarán de facerlle oposición o todopoderoso Real Murcia, a priori o favorito para o titulo. Tódala informaciñon sobre a competición, asi como o calendario, pode consultarse na web da AFM no seguinte enlace: http://www.futboldemesa.com/index.php?option=com_content&view=article&id=238:calendario-ida-liga-espanola-de-futbol-de-mesa-por-equipos-afm.


Colaboración Fútbol Chapas - Fútbol de Mesa

O que se estaba a fraguar nas últimas semanas xa se pode confirmar. O Fútbol de Mesa, foi convidado a participar no "1º Torneo de Fúbol Chapas - Semana Santa", coa intención de poder promocionase, os días 29 e 30 de Marzo, na cidade de Ourense. Agardemos que sexa todo un éxito e os dous xogos saian favorecidos desta colaboración. Máis información en http://chapasourense.blogspot.com/.