Visitas

martes, 30 de marzo de 2010

Boa acollida do Fútbol de Mesa e do Fútbol Chapas en Ourense

As mellores expectativas cumpríronse na actividade conxunta entre o Fútbol Chapas e o Fútbol de Mesa que se celebrou en Ourense estes días (29 e 30 de Marzo). Como representante do Fútbol Chapas, estivo Millán Brea, organizador da actividade, e polo Fútbol de Mesa, estivo Santi R. Escudero (AFT Turia 1981).

Na primeira xornada, foron perto de 10 os nenos que se acecaron ata as instalacións da Casa da Xuventude da cidade de Ourense para disfrutar de ámbolos dous xogos.
O día seguinte, a sorpresa foi maiúscula, cando apareceron perto de 20 nenos, e o mellor de todo, e que algún chegaba para repetir a experiencia que xa vivira o día anterior. O interese mostrado polos dous xogos foi enorme, e as gañas e a emoción coa que cantaban os goles, era sinal de que estaban a pasalo en grande.
O local da Casa da Xuventude ateigado de nenos

Os nenos atendendo as explicacións de Santi R. Escudero

A Asociación Xuvenil "Amencer", foi a encargada de achegar a tódolos nenos ata a actividade, e foi agasallada, gracias a Total Soccer (o que novamente lle agradecemos a sua colaboración na actividade), cuns sets de xogo e uns equipos, para que os nenos podan seguir disfrutando do Fútbol de Mesa.

Os nenos e os monitores de "Amencer" con Santi R. Escudero e os agasallos de Total Soccer

NOTA: Por razóns de tipo legal, e tendo en conta como está o tema dos menores, este blog decidiu tapar, na medida do posible, as caras dos nenos.

8 comentarios:

Flavio Watzka dixo...

Enohorabuena Santi para tu gran iniciativa. Pronto tendras un gran resultado en Galicia.

Flavio

Subbuteo Galicia dixo...

Gracias Flavio!! De todas formas insisto, que el gran artífice de todo esto es Millán, un gran anfitrión al que le vuelvo a agradecer la invitación para asistir a la actividad.

Goyo Cao dixo...

Guay! A primeira entrada coa que me sinto involucrado, jajaja, :) agardo que sexa a primeira de moitas.

Saudos e de novo moitas gracias a Millán e Santi polo esforzo e a sua dedicacion.

Vémonos pronto

Goyo Cao dixo...

Boas. Escribo para informarvos de que deixei constancia dunha entrada no meu blog:

http://opirandargallo.blogspot.com/

Espero que sexa do voso agrado. Prometo escribir mais sobre o Subbuteo nunha próxima entrada que estou preparando. Se queredes que cambien algo xa me diredes.

Un abrazo! :)

Jose Somoza dixo...

Boas, días.
Enhorabuena por esta iniciativa y no decaigas, seguro que lo que estás haciendo tendrá sus frutos, ánimo amigo desde Mallorca te seguimos y para cualquier cosa nos tienes a tu disposición.
saludos Jose Somoza

Subbuteo Galicia dixo...

Jose, muchisimas gracias. Aun me queda mucho para llegar a conseguir lo que vosotros ya habeis conseguido con vuestro gran trabajo en Mallorca. Se que estais ahi, y lo mismo os digo. Un abrazo muy fuerte desde Vigo.

Norberto Miguel dixo...

Felicidades pela iniciativa Santi.
Para quando um torneio internacional na Galiza?

Subbuteo Galicia dixo...

Norberto, ainda queda moito por facer en Galiza para poder facer un torneio, pero eu tentareino, porque ise é o meu obxetivo. Igual coa axuda de Portugal algo se pode facer, como por exemplo exhibicións.