Visitas

venres, 26 de marzo de 2010

Chega a Liga!!



Xa era hora. Un dos grandes pasos para consolida-lo Fútbol de Mesa no estado, xa está dado. A creación da Liga Española de Futbol de Mesa (LEFM), supón un salto de calidade, que de seguro vaille dar a este "deporte" a categoría que se merece.
Mañá sábado, arrancará en Murcia esta primeira edición da LEFM (na sua primeira volta, xa que a segunda volta celebrarase en Madrid no mes de Maio), na que participarán un total de sete equipos na Primeira División, e cinco na Segunda División (Liga de Filiais). Os participantes na categoria de "ouro" serán o Real Murcia, o AFT Turia 1981 (Valencia), o S.C. Madrid Total Soccer, o Tiburones FM (Málaga), o Barcelona FT, o Mallorca Águilas e o convidado Gibraltar TSA. Hai que lamentar as ausencias do Catalunya FT (Barcelona), La Flota S.C. (Málaga) e o Madrid 1980 S.C.. Na "Liga de Filiais", tomarán parte o Real Murcia "B", o AFT Turia 1981 "B", o S.C. Madrid Total Soccer "B", o Tiburones FM "B" e o Gibraltar TSA "B".
A priori, os favoritismo  da LEFM recae sobre o Real Murcia, auténticos dominadores dos torneos nacionais nos últimos anos, ainda que o AFT Turia 1981, pode ser outro gran candidato ó título, xa que o plantel é moi competitivo, e o reforzo portugués Jaime Silva, pode ser un revulsivo no equipo. O outro requipo a ter en conta, é o Tiburones FM, un equipo moi ben reforzado co portugués Nuno Noronha , José León e Ferrán Coll (dous xogadores que volven a xogar nun equipo español depois da sua andaina en italia). Ainda así, pese a que estes equipos poden ser os que copen as primeira posicións, non hai que descartar ó S.C.Madrid Total Soccer, a priori o cuarto equipo na loita polo título, pero que últimamente están a dar máis guerra da prevista. O Barcelona FT e o Mallorca Águilas, son a priori os equipos máis frouxos da liga (sempre dende o respeto e a lóxica da clasificación da AFM), e o tapado pode ser o Gibraltar TSA, un equipo prácticamente descoñecido que pode sacarlle as cores a máis de un.
Na "Liga de Filiais", o favorito claro é o Real Murcia "B", e os demáis equipos pelexaran por non ser o último clasificado, xa que andan todos nun nivel moi semellante.
A atención dos galegos, debe estar no AFT Turia 1981, xa que é o equipo que conta con representación galega (Dani Soto e Santi R. Escudero). Hai que lamentar que ningún dos xogadores galegos estará presente nesta primeira volta da liga, pero ainda así, estaremos moi pendentes do que faga o seu equipo.
Toda a información sobre a LEFM a podedes atopar en http://lefm2010.blogspot.com/.

Ningún comentario: