Visitas

xoves, 4 de xuño de 2020

Stefan Klos, o muro do Borussia Dortmund

Stefan Klos, xogou ó longo da súa carreira en dous clubes, o Borussia Dortmund (Alemania) e o Rangers (Escocia). No equipo Alemán, foi quen de acadar unha Champions League e unha Copa Intercontinental. Precisamente a equipación do Borussia Dortmound foi a escollida para representalo. Totalmente pintado a man.





Roberto Baggio "il divino codino"

Roberto Baggio foi un xogador mítuco da liga italiana e un fixo da selección transalpina. Para España queda na lembranza polo gol nos derradeiros minutos de partido dos cuartos de final da Copa do Mundo de Futbol USA 94, que mandou para casa ó combinado español. Sen embargo, na final dese mundial, Roberto Baggio foi o triste protagonista tras errar na tanda de penaltis, o que supuxo a victoria para Brasil.
Fora destas lembranzas mundialistas, Roberto Baggio debutou no Vicenza Calcio na tempada 1982-83, da serie C italiana, comenzando a destacar como goleador, o que fixo que os equipos grandes de Italia puxeran os ollos nel e acabou sendo fichado pola ACF Fiorentina na tempada 1985-86. Tras unhas primeiras tempadas nas que case non tivo oportunidades, nas tempada 1988-89 e 1989-90, comezou a demostrar o por qué da súa fichaxe. 
O Juventus F.C. foi o seu seguinte equipo a partir da tempada 1990-91, chegando a acadar o balón de ouro en 1993. Despois da súa etapa no euipo turinésm chegou ó AC Milán, no que estivo duas tempadas. 
Na tempada 1997-98, fichou polo Bologna F.C., anotando 22 goles en 30 partidos o que o levou a ir convocado con Italia para o Mundial de Francia 98.
Despois deste efímero paso por Bologna, fichou polo Inter de Milán, no que tivo unhas tempadas máis que distcretas.
O seu último clube, foi o Brescia Calcio, ó que se incorporoi na tempada 2000-01, retirándose na tempada 2003-04, despois de anotar 12 goles en 26 partidos.
Aquí o temos representado con varias das equipacións que vestiu ó longo da súa carreira.

VICENZA CALCIO 1984-85




A.C.F. FIORENTINA 1988-89




JUVENTUS 1992-93





BOLOGNA 1997-98






BRESCIA CALCIO 2001-02