Algo está a cambiar no Fútbol de Mesa. A exemonía dos dous equipos punteiros do país, coma eran o Real Murcia e o AFT Turia 1981 (este último, case sempre á sombra dos murcianos), está rematando. Hai dous equipos, Madrid Total Soccer e Tiburones FM, que co seu traballo, e os seus reforzos desta tempada, están a dar máis guerra da que en principio se agardaba.
O último golpe dos "pequenos", foi esta fin de semana en Madrid, no "I Open Internacional Comunidade de Madrid", e non so se atopaban equipos españois, xa que tamén había un par de equipos italianos (Fiamme Azzurre e Warriors Torino) e un equipo grego (Olympia ITEC). Tanto Madrid Total Soccer como Tiburones FM pasaron a ronda de grupos como primeiros. En cuartos de final, derrotaron a Madrid Total Soccer "C" e Fiamme Azzurre respectivamente, e nas semifinais fixeron o propio co AFT Turia 1981 e o Real Murcia. Os valencianos seguen co seu gafe cos madrileños, e caeron derrotado por un axustado 1-0. Os murcianos, foron sorprendidos polos malagueños, sendo derrotados por 2-0. Así, cheou a final, a final dos "pequenos", que xa se están a facer maiores. Un partido igualado, no que o resultado final fala por si so: Tiburones FM 2 - Madrid Total Soccer 1.
En categoría Open, o triunfador foi Carlos Flores (Reggio Emilia), que derrotou na final a Aberto Mateos (Real Murcia).
En categoría Open, o triunfador foi Carlos Flores (Reggio Emilia), que derrotou na final a Aberto Mateos (Real Murcia).
En categoría veteráns, Paolo Finardi (Warriors Torino), desfíxose do seu compañeiro de equipo Vicenç Prats (Warriors Torino).
O resto de categorías, disputáronse no formato de liguilla, sendo o campión e o subcampión das mesmas os seguintes:
Feminina: Carmela Gerosa (Ayerbe FM) - Caridad Morano (Moralzarzal SC)
Sub-12: Jesus Moreno (Tiburones FM) - Alvaro Fretes (Moralzarzal SC)
Sub-15: Javier Moreno (Tiburones FM) - David González (Tiburones FM)
Sub-19: Jonatan Caballero (AFT Turia 1981) - Bruno Gerosa (Ayerbe FM)
Máis información en http://afmmts.blogspot.com/.
P.D.: Agardemos que ninguén mire cousas raras onde non as hai...
P.D.: Agardemos que ninguén mire cousas raras onde non as hai...
2 comentarios:
La final entre Carlos Flores y Alberto Mateos, la mejor que he visto en mi vida. Fue espectacular.
Cuantas cosas buenas me estoy perdiendo!! A ver si cambian pronto las cosas y empiezo a no perderme nada... :)
Publicar un comentario