Visitas

venres, 22 de maio de 2020

Park Chu Young, exotismo koreano

Na tempada 2012-13, o Rel Club Celta de Vigo, fichou a unha das estrelas da selección de fútbol de Korea so Sur, Park Chu Young, que chegaba cedido polo Arsenal inglés na busca de minutos e demostrar do que era capaz. O seu debut non puido ser máis exitoso, xa que prácticamente nada máis entrar no campo dende o banquillo, foi quen de anotar o gol da victoria celeste fronte o Xetafe (2-1). O resto da tempada tivo máis sombras que luces e apenas anotou tres goles máis (2 en liga e 1 en copa). Ainda así, sempre lle tivemos un cariño especial a este xogador e certo é, que a pesar de marcar 3 goles en liga, estos supuxeron 4 puntos que axudaron moito á permanencia do equipo celeste na primeira división. Quixemos facerlle unha homenaxe ó primeiro xogador koreano do Celta, e ademáis, o primeiro xogador koreano en anotar un gol na liga española. Pintado a man.





Ningún comentario: