Visitas

venres, 22 de maio de 2020

Berizzo, a camiseta é para toda a vida

Eduardo "Toto" Berizzo, chegou ó Real Club Celta de Vigo en decembro do ano 2000, para axudar ó equipo vigués nas tarefas defensivas. Dende o primeiro intre asumiu o papel que tiña que desenrolar e convertiuse no xefe da defensa celeste e rendindo de maneira excepcional no equipo vigués, chegando a disputar unha final da Copa do Rey e a Champions League. O seu sentimento polas cores celestes, desbordou no fatídico encontro de Riazor na que o Celta caeu derrotado por 3-0 e prácticamente certificaba o seu descenso a segunda división, e que lle supuxo un enfrontamento dialectico coa grada rival. Certo é que uns anos antes, na tempada 2001-02, nese mesmo estadio foi o autor dun dos goles do equipo vigués e que axudou para sacar un punto da cidade herculina. Esa foi a camiseta escollida para facerlle a nosa pequena homenaxe. Totalmente pintada a man.




Ningún comentario: