Visitas

venres, 22 de maio de 2020

Pedro Pablo Hernandez, o tucumano

O "Tucu" Hernández foi unha petición expresa do recén chegado ó banquillo celeste na tempada 2014-15, o Toto Berizzo. Sen ser un xogador de xogo vistoso e rápido, a confianza en el do técnico celeste era máxima, co que foi titular case que indiscutible dende o primeiro minuto. Na cuarta xornada de liga, anotou o seu primeiro gol fronte ó Atlético de Madrid, un gol que será lembrado pola súa execución, un gol de espuela que deixou a todos boquiabertos. A pesar de todo, o run-run na grada de Balaídos contra o xogador, era evidente. Sen embargo, na décima xornada, fronte á Real Sociedade, o xogador chileno foi quen de reivindicarse e anotar outro gran gol no minuto 89 de partido, que ademais supuxo a victoria para o equipo celeste (2-3). Quixemos homenaxealo coa equipación dese día no que calou moitas bocas. Coma sempre, pintado a man.





Ningún comentario: