Visitas

martes, 24 de marzo de 2020

Antón de Vicente, capitán do Coruxo F.C.

Hai un equipo modesto da cidade de Vigo, que está a facer unha gran tempada na 2ª división B, o Coruxo F.C. Dentro do equipo, destaca o cpitán, Antón de Vicente, cunha traxectoria futbolística máis que notable polo fúbol modesto (Areosa, Racing de Ferrol, Celta B, Burgos, Somozas), chegando a ir convocado polo primeiro equipo do R. C. Celta nalgún partido. Se ven as oportunidades no equipo celeste non chegaron e optou por trocar de aires, a súa calidade non da lugar a dúbidas, como así o demostra partido a partido coa elástica do Coruxo F.C..
Pero quizáis esta tempada o Coruxo tivo un feito histórico, xa que se clasificou para xogar a Copa do Rei., na que caeu eliminado nunha fatídica eliminatoria fronte o Mirandés, que non estivo exenta de polémica. Esa histórica clasificación, fixo que o clube sacara unha equipación conmemorativa para ese partido tan especial.
Con esa camiseta é coa que quixemos representar a Antón de Vicente. Totalmente pintada a man.




Ningún comentario: