Visitas

mércores, 19 de setembro de 2018

Campionato do Mundo 2018 - Xibraltar

Os pasados 1 e 2 de setembro, celebrouse en Xibraltar, unha nova edición do Campionato do Mundo de Fútbol de Mesa. Os resultados para os equipos españois, foron máis que satisfactorios, acadando o título na categoría Open e na categoría Sub-12 e o subcampionato na categoría Sub-19. Ademáis, acadouse o podio na categoría de féminas, e na categoría Sub-15. En categoría individual, non houbo tanta sorte, e so cabe reseñar o podio acadado polos Sub-12 Álvaro Pérez e Cristian Antúnez. Os grandes dominadores do torneo, foron, coma ven sendo habitual, os italianos, que ano tras ano, demostran o seu gran potencial.

O equipo feminino no podio

O equipo Open flamante campión
 
Os máis pequenos, os Sub-12, celebrando o título

Os Sub-15 na terceira posición

O equipo Sub-19 que se proclamou subcapión

Álvaro e Cristian no podio

Podedes ver tódolos resultados na web da FISTF.

Ningún comentario: