Visitas

venres, 6 de novembro de 2020

Non pasa nada, temos a Arconada

Se de algo estou seguro é de que tódolos cativos dos anos 80, queríamos xogar de porteiros e tentábamos imitar as grandes paradas do que para min, foi o mellor porteiro español ata o de agora. Ese porteiro non é outro que o mítico Luis Arconada. O porteiro vasco, nado en San Sebastián, xogou toda a súa carreira na Real Sociedade, chegando a gañar 2 ligas, unha Copa do Rei e unha Supercopa de España. As súas exhibicións baixo os paos, leváronno a ser convocado pola Selección Española en 68 ocasións. Por desgracia, moitos lembramos o que quizáis foi o día máis triste da súa carreira, aquela final da Eurocopa de Francia en 1984 entre España e Francia e na que un erro seu, costou o gol de falta de Platini que sentenciou a final a prol da selección francesa. A pesar dese momento, para min segue sendo un ídolo, e por iso quixen representalo coa equipación da Selección Española que vestiu precisamente nesa final de 1984.







Ningún comentario: