O vindeiro fin de semana (7 e 8 de novembro), celébrase en Piélagos (Cantabria), o II Campeonato de Subbuteo Manolo Preciado, organizago polo clube local, o Club de Fúbol de Mesa Manolo Preciado.
O sábado día 7 de novembro, celebrarase un torneo individual en categorías Open, Veteráns, Sub-12, Sub-15 e Sub-19, quedando para o domingo 8 de novembro, outro torneo individual de categorías Open e Sub-12.
Desta vez, o Fútbol de Mesa galego está de noraboa, xa que contará coa participación do xogador galego do Subbuteo Club Móstoles, Santiago R. Escudero, que reaparece depois de casi dous anos ausente da competición. Agardémoslle a mellor das sortes.
Máis información na web do torneo.
Máis información na web do torneo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario