Visitas

sábado, 28 de noviembre de 2015

Resultados II Torneo Manolo Preciado (Cantabria)



Os pasados 7 e 8 de novembro, celebrouse en Pélagos (Cantabria), o II Tornao Manolo Preciado. O torneo dividiuse en dúas competicións, unha para o día 7 e outra para o día 8.
O día 7 disputáronse as categorías Open, Veteráns e Sub-12, que dando para o día 8 a categoría Open absoluta e Sub-12.

O plantel do S.C. Mótoles presente na xornada do sábado

Despois de dous anos, un torneo nacional volveu ter participación galega, xa que na xornada do sábado, o vigués Santi R. Escudero (Subbuteo Club Móstoles), participou na categoría Open. Non obtivo os resultados agardados, xa que foi eliminado na fase de grupos, despois de empatar 0-0 contra Jaime Junquera (Subbuteo Club Manolo Preciado) e perder 3-0 contra Julio Candelas (Moralzarzal S.C.). Jaime Junquera tamén perdeu 3-0 contra Julio candelas, polo que o pase á seguinte rolda, tivo que xogarse nos penaltis entre o galego e o asturiano, tendo máis acerto o asturiano. Santi R. Escudero pasou entón á fase de consolación, donde despois de empatar 0-0 con Javier Junquera (S.C. Manolo Preciado), volveu caer na tanda de penaltis, o que puxo fin a unha pobre participación do galego.

 
 Santi R. Escudero defendendo o ataque de Jaime Junquera

Polo se se refire ó resto de resultados, o campión Open foi Alberto Villalobos (S.C. Móstoles), que derrotou a Nacho Martínez (Subbuteo Club Madrid). Na categoría Veteráns, Vicenç Prats (Tiburóns FM), despois de derrotar a Antonio Montaño (Tiburóns FM) e na categoróa Sub-12, o triunfo foi para Javier Junquera Junior (S.C. Manolo Preciado), que derrotou nos penaltis a María Muñoz (S.C. Móstoles).


Os triunfadores do torneo, Vicenç Prats (esquerda) e Alberto Villalobos (dereita)

Na xornada do domingo, o triunfo na categoría Open foi para Vicenç Prats (Tiburones FM), que derrotou na final a Antonio Montaño (Tiburones FM) despois da tanda de penaltis. Na categoría Sub -12, desta vez, foi María Muñoz (S.C. Móstoles), que derrotou a Mario del Rio nos penaltis.

Máis información na web da AEFM.

No hay comentarios: