Visitas

mércores, 4 de novembro de 2009

Chega a Champions!!


¡Xa era hora! Esta fin de semana, días 7 e 8 de novembro, celebrarase na localidade belga de Tournai, a FISTF European Cup, a Champions League do Fútbol de Mesa. É sen lugar a dúbidas, o torneo máis importante a nivel de clubes. A lista definitiva de clubes participantes é a seguinte:

TFC Mattersburg (Austria)
TFC Wiener Neustadt (Austria)
TSC Royal 78 Kaisermühlen(Austria)
SC Stembert (Bélxica)
AS Hennuyer (Bélxica)
SC Charleroi (Bélxica)
JSC Rochefort (Bélxica)
SC Temploux (Bélxica)
Brussels SC (Bélxica)
English Premier League (Inglaterra)
North East Table Football Alliance (Inglaterra)
TSPA White Star (Inglaterra)
Sparta Spreeathen 74/82 (Alemaña)
TSL Dortmund 61 (Alemaña)
TSG Rain (ALemaña)
Stella Artois Milano (Italia)
ASD Reggio Emilia (Italia)
CCT Black & Blue Pisa (Italia)
Bologna Tigers Subbuteo (Italia)
ACS Peruggia 1973 (Italia)
Eagles Napoli (Italia)
Cardiff Bluebirds San Siro (Gales)
Real Murcia (España)
Subbuteo Club Madrid Total Soccer (España)

SMV Delft (Holanda)
TSC Falcons Athens (Grecia)
Pireas Lions (Grecia)
Olympia SC (Grecia)
FTC Issy-Les-Moulineaux (Francia)
FTC Le Raincy (Francia)
Hamrun TFC (Malta)

Como xa dixéramos noutra ocasión, este ano só representaran a España dous equipos, o Real Murcia e o SC Madrid Total Soccer, tra-la renuncia do AFT Turia 1981 (Valencia). O Real Murcia partirá entre o grupo de favoritos despois da gran actuación do ano pasado, onde acadou a final. O SC Madrid Total Soccer, tentará mellorar o papel do ano pasado e seguir collendo rodaxe no panorama internacional, e coido que coas fichases desta tempada, pode conseguilo.

Aparentemente os equipos favoritos son coma sempre os italianos, xa que calquera deles ten equipo suficiente como para dar un disgusto a máis de un. Sen embargo, non podemos descartar grandes equipos coma o TFC Mattersburg (Austria) ou o TSC Falcons Athens (Grecia). Ollo tamén os equipos belgas, xa que xogar na casa pode darlles folgos e algún deles pode convertirse na revelación do torneo.

Manterémosvos informados de tódolo que suceda no campionato. Máis información en http://tournai2009.blogspot.com.

Ningún comentario: