Visitas

luns, 16 de novembro de 2009

I Torneo Nacional de Fútbol de Mesa Cidade de Estepa



O vindeiro fin de semana, días 21 e 22 de Novembro, celebrarase en Estepa (Sevilla) o I Torneo Nacional de Fútbol de Mesa Cidade de Estepa, na Caseta Municipal "Paco Gandia", con horario de 10:30 a 18:00. É a estrea do clube Tiburones FM como anfitrións dun torneo a nivel nacional, e agardamos que sexa toda unha festa. Polo de agora, o número de xogadores inscritos (sen distinguir categorias), é de 60, o que pode ser un reflexo do auxe que está a ter o Fútbol de Mesa na península.  Podedes atopar toda a información sobre o torneo en http://subbuteospain.mforos.com/1506986/8618120-i-torneo-nacional-estepa/ y en http://tiburonesfm.blogspot.com/.

Ningún comentario: