Visitas

luns, 9 de novembro de 2009

O clube Eagles Napoli (Italia) novo campión de Europa



Esta fin de semana, disputouse na localidade belga de Tournai, a FISTF Europa Cup 2009. Os vencedor absoluto, foi o Eagles Napoli (Italia), despois de empatar na final fronte o TFC Mattersburg (Austria) 1-1, pero a diferencia de goles (os italianos marcaron un gol máis que os austriacos no cómputo global dos catro partidos individuais) foi o que decantou o título do bando dos italianos. Nas semifinais, eliminaran previamente ó CCT  Black & Blue Pisa (Italia) e ó Reggio Emilia (Italia) respectivamente.
A participación española, rematou nos Cuartos de final para o Real Murcia, xa que foi derrotado polo TFC Mattersburg (Austria) a pesar de empatar 1-1, pero a diferencia de goles, neste caso, tamén foi decisiva (os austriacos marcaron un gol máis que os españois). O S.C. Madrid Total Soccer, non superou a fase de grupos.

Ningún comentario: