Visitas

luns, 23 de novembro de 2009

Resultados do I Torneo Nacional de Fútbol de Mesa Cidade de Estepa

O pasado fin de semana (21 e 22 de Novembro), disputouse en Estepa (Sevilla), o I Torneo Nacional de Fútbol de Mesa Cidade de Estepa. Na xornada do Sábado, disputáronse a competición por equipos e a competición de categorías.
Na competición por Equipos, o vencedor foi o Real Murcia, despois de empatar na final contra o Tiburones FM "A" 2-2, sendo a diferencia de goles (os murcianos anotaron máis goles no global da final), a que decidiu o gañador.
Na categoría Veteranos, o vencedor foi o murciano J.C. Granados (Real Murcia), que derrotou na final a Ferran Coll (Tiburones FM) por un claro 4-0.
Na categoría Sub-19, o vencedor foi o tamén murciano Jose Ros (Real Murcia), que se adxudicou a liguilla composta por catro xogadores coa que se disputou a competición.
Na categoría Sub-15, o vencedor foi David G. Bermudez (Tiburones FM), que se desfixo na final do seu compaleiro de equipo Javi Moreno (Tiburones FM), despois de endosarlle un claro 4-1.
O día seguinte, o Domingo, disputouse a categoría Open, resultando vencedor o murciano Alberto Mateos, que derrotou na final o tamén murciano Ángel Valverde (Real Murcia) nos penaltis, xa que o final do partido, o resultado foi de empate 2-2. O torneo de consolación, foi para o madrileño Alejandro M. Jurado (S.C. Madrid Total Soccer) que derrotou na final a Manuel Martínez (Gibraltar) por un axustado 2-1.
A información completa, con tódolos resultados, a poderedes atopar en www.futboldemesa.com.

Ningún comentario: