Visitas

luns, 23 de novembro de 2009

O presidente da AFM, Fernado Gómez, presenta a súa dimisión

Esta mañá, produciuse unha mala noticia para o Fútbol de Mesa. O ata agora presidente da AFM, Fernando Gómez, presentou a súa dimisión.
Con esta dimisión, a AFM quédase orfa, xa que perde a un gran xestor e o que é máis importante, un gran coñecedor e amante do Fútbol de Mesa.
Na miña opinión, non será nada sinxelo reemplazar a un presidente como Fernando, e indo aínda máis lonxe, penso que vai ser imposible poder reemplazalo. Ogallá me equivoque, e agardo que a dimisión de Fernando, non supoña un antes e un despois na AFM e no Fútbol de Mesa nacional, e que as cousas se fagan, como mínimo, como se estaban facendo ata agora.
Graciñas pola tua dedicación Fernando.
Mentres non se elixe un novo presidente, asumirá o cargo o vicepresidente de máis antigüedade na AFM, Raúl Benita (según indican os estatutos da AFM).

Ningún comentario: