Visitas

mércores, 30 de setembro de 2009

XX Torneo Open Internacional de Valencia

O vindeiro fin de semana (4 e 5 de Outubro), disputarase no Pabillón do Quint de Mislata (Valencia). Na xornada do sábado, que dará comezo ás 9:00 da mañá, disputarase a competición por equipos e a competicion por categorías. O domingo quedará reservado para a disputa da categoría Open individual, e igualmente dará comezo ás 9:00 da mañá. Polo de agora son cerca de 40 os xogadores incritos para a categoróa Open destacando a asistencia de xogadores portugueses e xibraltareños, así como de diversos puntos da xeografía nacional (Málaga, Mallorca, Madrid, Murcia, Barcelona, Castellón, ...). Na categoría de veteranos, a inscripción achégase á veintena de xogadores, mentres que son 7 os equipos inscritos a día de hoxe. Estes números, fan presaxiar un éxito rotundo de asistencia, e agardamos que así sexa. O organizador do torneo é o valenciano Vicent Martí, e tódolos interesados en participar, poden inscribirse enviando un e-mail a vicent.marti@telefonica.net. Máis información sobre o torneo en http://turiafm.blogspot.com, www.futboldemesa.com i en http://subbuteospain.mforos.com.

martes, 29 de setembro de 2009

O Fútbol de Mesa en Euskadi

O Fútbol de Mesa do País Vasco xa ten un punto de encontro "Subbuteo Euskadi", un blog no que o que se busca é xente que queira xogar ó Fútbol de Mesa nesa rexión. Os que estedes interesados, non o dubidedes e botádelle unha ollada a este novo blog: http://subbuteoeuskadi.blogspot.com. Se vos queredes poñer en contacto con eles, podédelo facer a traves do seginte e-mail: subbuteoeuskadi@gmail.com. Saudos para os "novos" compañeiros do País Vasco e agardemos que acaden o seu obxetivo.

domingo, 20 de setembro de 2009

Resultados I Torneo Puerta de Toledo

Onte celebrouse en Madrid, no Centro Comercial Puerta de Toledo, o I Torneo Puerta de Toledo, con certo retraso, xa que estaba previsto o inicio da proba ás 10:30 da mañá e non se iniciou ata as 11:30. A destacar sen dúbida, a gran participación, xa que foron 42 os participantes.
_
Vista xeral da competición (Foto: M.A. Heredia)
_
O campión do mesmo foi o murciano Carlos Flores (Reggiana), que derrotou na final ó catalán Vicenç Prats (Warrios Torino) por 2-1. Nas semifinais, desfixéronse do valenciano Raúl Benita (AFT Turia 1981) e do murciano J.C. Granados (Real Murcia) respectivamente.
O torneo de consolación, foi para o ilicitano Abel Quiles (S.C. Madrid Total Soccer), que venceu ó murciano David Valverde (Real Murcia) por 2-0.
En canto a participación galega, o vigués Santi R. Escudero (AFT Turia 1981), quedou eliminado nos barrages despois de non poder comparecer. O seu papel na fase de grupos foi máis que aceptable. No primeiro partido, enfrentouse ó seu compañeiro de equipo, o valenciano Raúl Benita (AFT Turia 1981). Un partido moi difícil para o galego, no que a pesar do seu bo xogo, caeu derrotado por 3-0. No segundo partido, tivo que enfrentarse ó maiorquín David Somoza (Mallorca Aguilas). Un partido cheo de imprecisións, no que a pegada do galego foi decisiva: victoria por 2-0 e o pase ós barrages no peto. O terceiro partido do grupo, foi entre Raúl Benita e David Somoza, vencendo o primeiro por un claro 5-1. Nos barrages, Santi R. Escudero, enfrontábase o tamén compañeiro de equipo, o Vicente Benita (AFT Turia 1981). O partido non tivo historia, xa que non se celebrou, xa que o galego viuse na obriga de abandonar a competición para non perder o avión de volta a Vigo. A mala planificación as veces xoga estes malos tragos.
Todos os resultados do torneo os podedes atopar en www.futboldemesa.com i en http://subbuteospain.mforos.com.

mércores, 16 de setembro de 2009

Noguera deixa o Real Murcia

Según aparece publicado na páxina do Real Murcia, o xogador murciano Juan Noguera foi traspasado ó ASD Reggio Emilia (Italia), equipo onde tamén milita o xogador español Carlos Flores. A pesar do gran plantel que ten o equipo murciano, ¿acusará esta baixa? O tempo o dirá. Máis información en http://realmurcia-cf.blogspot.com.
_

Juan Noguera, no centro da imaxe, no Mundial de Rotterdam 2009 coa selección española (Foto: Vincent Coppelone)

luns, 14 de setembro de 2009

Comeza a nova tempada de Futbol de Mesa

O próximo sábado 19/09/2009, terá lugar en Madrid, no "Centro Comercial Mercado Puerta de Toledo", o I Torneo de Futbol de Mesa Porta de Toledo, e dará comezo ás 10:30 da mañá. O número de inscritos é moi elevado, xa que supera a treintena de xogadores, destacando a asistencia do xogador galego Santi R. Escudero (AFT Turia 1981). Desexámoslle a mellor das sortes ó noso representante.


Cartel do torneo


Este torneo, abre unha nova tempada cargada de novidades, sendo as principais, a creación da "Liga por Equipos" e a "Copa de España". Toda a información sobre este torneo e sobre o calendario da AFM, as podedes ver en http://subbuteospain.mforos.com i en http://futboldemesa.com respectivamente.

sábado, 12 de setembro de 2009

Blog do Palomar Ateneu de Sant Andreu Futbol Taula

Xa está disponible o blog do "Palomar Ateneu de Sant Andreu Futbol Taula" (Barcelona), onde nos falan de tódalas actividades realizadas polo clube. A dirección é a seguinte:
_

luns, 7 de setembro de 2009

Oro, plata e decepción no Mundial por equipos

O selección española Sub-19 proclamouse campeona do mundo despois de derrotar na final á selección de Alemaña por un axustado 2-1. É o terceiro ano consecutivo que a selección Sub-19 logra o campeonato. Por outra banda, a selcción española Veteranos, acadou o subcampeonato despois de caer derrotado con Italia por 2-1. A decepción chegou por parte da selección Open, que caeu derrotada por Italia en cuartos de final por un contundente 3-0. Os resultados completos, os podedes consultar en http://www.worldcup2009.eu/live.html.

domingo, 6 de setembro de 2009

Malos resultados para os españois no Mundial

O Mundial de Rotterdam (Holanda) non deparou bos resultados para os xogadores españois nas didtintas categorias. Na categoría Open, o único que fixo un papel destacable, foi o murciano Angel Valverde (Real Murcia), que acadou os cuartos de final derrotado por Gil Delogne (Bélxica), despois de eliminar en oitavos ó número 1 mundial, o tamén murciano Carlos Flores (Reggiana). Na categoría Veteranos, José León (Tiburones FM) foi o que chegou máis lonxe, caendo en oitavos de final despois de perder con Erich Hinkelmann (Austria) nos tiros directos. O mellor resultado, ainda que non o esperado, viviuse na categoría Sub-19. O campeón e o subcampeón mundial do ano pasado, Juan Noguera (Real Murcia) e José Ros (Real Murcia) acadaron as semifinais, sendo derrotados por Dominik Schulz (Alemaña) e Björn Kegenbein (Alemaña). Esperemos que os resultados sexan mellores na competición por equipos. Os resultados das finais das distintas categorías foron:
Categoría Open: Valéry Dejardin (Bélxica) - Daniele Bertelli (Italia) 2-4
Categoría Veteranos: Martijn Bom (Holanda) - Erich Honkelmann (Austria) 3-2
Categoría Sub-19: Dominik Schulz (Alemaña) - Björn Kegenbein (Alemaña) 2-3
Categoría Sub-15: Andrea Manganello (Italia) - Emanuele Lo Cascio (Italia) 2-3
Categoría Sub-12: Matteo Ciccarelli (Italia) - Diego Tagliaferri (Italia) 3-4
Categoría Feminina: Francoise Guyot (Francia) - Delphine Dieudonne (Bélxica) 2-7

sábado, 5 de setembro de 2009

O Mundial da FISTF en directo

A tódolos interesados, infórmase de que se poden seguir en directo os resultados do Mundial da FISTF 2009 que se está a celebrar en Rotterdam (Holanda), a través do seguinte enlace: