Visitas

luns, 24 de maio de 2010

Open Internacional de Xibraltar


Esta fin de semana, disputouse o Open Internacional de Xibraltar na colonia inglesa. Un gran torneo, que levou sobre todo, a xogadores do sur e do este da península.
Na categoria por equipos, venceu claramente o Real Murcia, que derrotou na final ó Tiburones FM por 4-0.
Na categoría de veteranos, o vencedor foi o valenciano José León (Tiburones FM), que derrotou na final ó
catalán Vicenç Prats (Warriors Torino).
Na categoria Open, o vencedor foi o murciano Jose Ros (Real Murcia), que se desfixo na final do seu compañeiro de equipo, o tamén murciano Angel Valverde, despois dun gol de ouro na prórroga.
Na categoría sub-15, dominio "tiburón", e o vencedor foi a gran promesa David González (Tiburones FM), despois de gañarlle a final ó seu compañeiro Javier Moreno.

Resultados dos Campionatos Autonómicos

Campionato Autonómico de Madrid:

Luis D. López (Madrid Total Soccer), ven de proclamarse campión autonómico de Madrid. O veterano xogador afincado en Madrid, desfíxose na final de Julio Candelas (Madrid 1980) por un axustado 1-0. Esta victoria, ten certa emotividade, xa que Luis D. López fora campión autonómico de Madrid no ano 1985, data no que abandonou a práctica do Fútbol de Mesa. Reenganchouse 25 anos despois, i eiqui está o seu primeiro título. Noraboa!
Salientar que o total de xogadores participantes foi de 19, e 8 deles, novos xogadores sub-12 que pasan a integrar a gran familia do Fútbol de Mesa, gracias ó traballo de Julio Candelas.

Campionato Autonómico de Valencia:

Só 5 xogadores formaron parte do campionato: Vicente Benita, Raul Benita, Manolo Clemares, Fernando Gómez e Jonatan Caballero, todos eles integrantes do AFT Turia 1981. Unha liguilla entre os participantes "decidiu" que o campión fora Vicente Benita, que so cedeu un empate frente ó seu irmán Raúl.
Que pasa en Valencia que sempre xogan os mesmos? Por qué non acuden xogadores como Javier Chirona (AFT Turia 1981), Jordi López (AFT Turia 1981), Emilio Murciano (Real Murcia), Jose León (Tiburones FM) ou Abel Quiles (Madrid Total Soccer). Neste caso Jose León non asistiu por estar no Open de Xibraltar, pero que pasa co resto?

Campionato Autonómico de Andalucía:

O campión neste caso foi Alan Crisp (Gibraltar TSA), que derrotou na final a Antonio Montaño (Tiburones FM), nun partido moi igualado que se decantou para o xibraltareño despois dun gol de ouro na prórroga. Andalucía é hoxe en día, a "cuna" do fútbol de mesa, e onde se deben sentrar moitas miradas: un total de 45 xogadores participaron no campionato (en moitas ocasións, non se supera este número nos torneos de carácter nacional).

Campionato Autonómico de Baleares:

Paco Pérez (Mallorca Aguilas), foi o vencedor final do campionato, despois de pasar por riba de J.M. Castellano (Mallorca Aguilas), i endosarlle un claro 3-0. En total, foron 12 os xogadores participantes, un número importante, tendo en conta o pouco tempo que se leva xogando ó Fútbol de Mesa nas illas.

sábado, 22 de maio de 2010

Lavado de imaxe



Subbuteo Galicia fixo unha pequena modificación o seu logo, eliminando do mesmo a Cruz de Santiago. Ainda que non levaba moito tempo entre nos o anterior logo, o que queremos, e tratar de evitar calqueira tipo de confusión ou afinidade con algún equipo de fútbol, e que sexa o logo de tódolos galegos amantes do Fútbol de Mesa. Agardemos que vos guste.

luns, 17 de maio de 2010

O Real Murcia campión da LEFM

De éxito pódese calificar a celebración da 1ª LEFM. A excelente organización por parte do clube anfitrión, o Madrid Total Soccer, fixo que todo sarira como se esperaba.

Aspecto xeral da competición (Foto: Subbuteo Galicia)

O Real Murcia proclamaouse campión da primeira LEFM, despois da segunda volta disputada esta fin de semana en Madrid. O AFT Turia 1981, estivo a piques de dar a sorpresa, e conseguiu os mesmos puntos que o campión, pero a pesar do seu triunfo contra o Real Murcia por 2-1, a derrota por 3-0 sufrida na primeira volta, fixo que a golaverage particular favorecera ós murcianos. Desta vez, o AFT Turia 1981, foi quen de plantarlle cara e poñerse as cousas difícis ó Real Murcia.

Plantilla do AFT Turia 1981 (Foto: Subbuteo Galicia)

A mala noticia para os galegos, é que Santi R. Escudero, non tivo oportunidade de xogar na primeira división, ainda que si o fixo na segunda división (Liga Astrobase) co AFT Turia 1981 "B", facendo un papel máis que meritorio, xa que conseguiu tres victorias, un empate e catro derrotas, mentres que o seu equipo quedou 4º na liguilla dos 5 equipos que xogaron a Liga Astrobase, e hai que ter en conta que na maioria dos partidos, so contaron con tres xogadores, o que a priori supuxo unha desventaxa.

Santi R. Escudero anotando un gol para o AFT Turia 1981 "B" (Foto: Subbuteo Galicia)

luns, 10 de maio de 2010

A LEFM decídese esta fin de semana en Madrid



Unha simple coincidencia, fai posible que a Liga BBVA e a LEFM, se decidan o mesmo fin de semana... será cousa do destino? As semellanzas non son moitas, pero igual que na Liga BBVA, na LEFM hai un equipo que ten todas as de gañar, o Real Murcia, e outro que non deixa de soñar cun tropezo do seu rival, o AFT Turia 1981.
O dito, esta fin de semana, días 15 e 16 de Maio, vivirase en Madrid, no Centro Comercial Barrio Art Decó (Paseo Ermita del Santo s/n), un final de liga de infarto.
O Real Murcia chega con todo ó seu favor, e o AFT Turia 1981, intentará dar a maior guerra posible para tentar conseguir o ansiado título ligueiro. Os demais equipos, tentarán tomar o protagonismo que lles corresponde nesta liga.
O Tiburones FM (Estepa, Sevilla), non descarta dar unha sorpresa os dous favoritos, pero o seu obxetivo, será sen dúbida, manter a terceira praza que conseguiu na primeira volta da liga.
A sorpresa da liga polo momento, o Mallorca Aguilas FM, terá como obxetivo manter o 4º posto que acadou meritoriamente despois dunha moi boa primeira volta.
O Madrid Toral Soccer, non pode baixar os brazos, e deberia loitar polo 4º posto, que por lóxica, lle correspondería ocupar.
O Barcelona FT, tentará non deixar o seu casilleiro de puntos a cero, e o Gibraltar TSA non debería descartar acadar o 4º posto (a tres puntos de distancia), ainda que terían que mellorar moito os resultados acadados na primeira volta.
Outro dato a destacar, é que se nada o impide (neste caso a cinza do volcán islandés), o AFT Turia 1981, poderá alinear nas súas filas, ó vigués Santi R. Escudero, que reaparecerá en competición oficial depois de máis de 7 meses. En principio, o xogador galego formará parte, lócxicamente, do AFT Turia 1981 "B", ainda que non se descarta que poida ser incluido na alineación do primeiro equipo nalgún dos partidos a priori fáciles.
Moita sorte a tódolos participantes!!

Angel Valverde é o rei de Murcia

Imaxe da final (Foto: http://realmurcia-cf.blogspot.com/)

Ángel Valverde (Real Murcia) ven de proclamarse campión no Campionato Autonómico de Murcia, despois de derrotar na prórroga ó reaparecido Juan Noguera (Reggiana), por un axustadísimo 2-1. Ángel Valverde continúa asi coa sua gran tempada. Máis informaciñon en http://realmurcia-cf.blogspot.com/.

domingo, 9 de maio de 2010

Vicenç Prats gaña o Autonómico de Cataluña

Vicenç Prats (Foto: Futboldetaula.cat)

Esta fin de semana disputouse o Autonómico de Cataluña, resultando campión do mesmo Vicenç Prats (Warriors Torino), despois de derrotar na final a Artur Martinez (Catalunya FT). Máis información en http://www.futboldetaula.cat/.

martes, 4 de maio de 2010

Maio Xove na Casa da Xuventude de Ourense

O Fútbol Chapas segue a dar que falar en Ourense. O vindeiro venres 14 de Maio, celebrarase na Casa da Xuventude de Ourense, un torneo de Fútbol Chapas, dentro do programa Maio Xove. Tódolos que queiran participar, poden inscribirse por medio do email alternativasociais@gmail.com ou o mesmo día do torneo de 16:00 a 16:30, hora estimada de inicio do mesmo. Para máis inforación visitade http://chapasourense.blogspot.com/.