Visitas

mércores, 27 de xullo de 2011

Prats e os Sub-12, ouro e prata de España no Mundial de Palermo


Vicenç Prats ven de proclamarse campión do mundo en categoría de veteráns no Mundial de Fútbol de Mesa disputado a pasada fin de semana en Palermo (Italia). Foi a nota sobresainte da selección española, a "vermelliña", que se desplazou con toda a ilusión a terras italianas.

O notable foi para os cativos, os Sub-12, que acadaron o subcampionato, na competición por equipos, ante os todopoderosos italianos. O resto de categorías tiveron un papel máis que discreto, sendo, por desgracia, un dos peores mundiais dos últimos anos, nos que estabamos acostumados a algún título máis por parte dos nosos.
A selección italiana, foi a gran triunfadora destes mundiais, xa que copou o primeiro posto na competición por equipos en tódalas categorías: Open, Veteráns, Sub-19, Sub-15 e Sub-12.
En individuais, Nastasi (Italia) foi campión en categoría Open, Lo Cascio (Italia) en Femias, Di Vito (Italia) en Sub-12, Colangelo (Italia) en Sub-15 e Kegenbein (Alemaña) en Sub-19.

venres, 1 de xullo de 2011

Grand Prix de España (Barcelona)



Esta fin de semana, é o peche oficial da tempada de Fútbol de Mesa no circuito da AFM e que mellor xeito para facelo que o Grand Prix de España, que este ano múdase a Barcelona, máis concretamente ó estadio do Espanyol, en Cornellá.
Toda a información do mesmo a podedes atopar en: http://www.grandprixspain.blogspot.com/

mércores, 22 de xuño de 2011

O Real Murcia faise coa LEFM


O Real Murcia fixo valer a súa veteranía para impoñerse na xornada de volta da LEFM. Os dous puntos de desventaxa que tiña co Tiburones FM e o AFT Turia 1981, quedáron pulverizados sen oposición por parte dos seus rivais. O Tirubones FM alcanzou a segunda praza, despois de derrotar ó AFT Turia 1981, que perdeu os tres partidos claves (Real Murcia, Tiburones FM e Madrid Total Soccer) por idéntico resultado. O cuarto clasificado foi o Madrid Total Soccer, mentres que Xibraltar TSA en Mallorca Águilas pecharon a clasificación.

A nota positiva para os galegos, foi a reaparición de Santi R. Escudero (AFT Turia 1981) en competición oficial. Aínda que os seus resultados non foron nada bos (colleitou un empate 0-0 e tres derrotas por un claro 3-1), sempre é unha boa nova ver un xogador galego nos torneos de Fútbol de Mesa. A cadena de radio, Radio Vigo (Cadena SER), fíxose eco da presenza do xogador vigués na LEFM, e incluíron unha pequena entrevista co xogador no programa de onte.

mércores, 15 de xuño de 2011

Xornada de volta da LEFM (Málaga)


Málaga acollerá esta fin de semana, a xornada de volta da LEFM. Non está nada decidido, e a emoción está garantida. Catro equipos optan o título final, pero dous parten con ventaxa, o Tiburones FM (Málaga) e o AFT Turia 1981 (Valencia), deberán manter o ritmo da primeira volta para non perder as opción de gañar esta competición, mentres que o Real Murcia terá que estar no seu mellor nivel para revalidar a liga conquistada o ano pasado. O Madrid Total Soccer é o tapado deste grupo de cabeza, e pode dar máis dun disgusto. Mallorca Águilas e  Xibraltar TSA teñen poucas opcións, pero intentarán loitar por unha praza europea.
Máis información en http://lefm2011.blogspot.com/.

venres, 10 de xuño de 2011

Grand Prix de Portugal (Lisboa)


A pasada fin de semana, disputouse en Lisboa (Portugal), o Grand Prix de Protugal, onde houbo unha nutrida represetnación española. Cabe destacar o triunfo do Madrid Total Soccer na categoria de Equipos, e os subcampionatos de Luis D. López (Madrid Total Soccer) en categorías Open e Veteráns. O cadro de honor do torneo foi o seguinte:

Equipos: Madrid Total Soccer 2-2 Orfeao da Foz do Douro (12-7)

Veteráns: Luis D. López (Madrid Total Soccer) 1-2 Joao Rodriguez (Orfeao da Foz do Douro)

Open: Luis D. López (Madrid Total Soccer) 1-2 Ruben Portugues (Matersburg)

xoves, 2 de xuño de 2011

Carlos Flores é "Major" de Bologna


O español Carlos Flores ve de proclamarse campión do Major de Bologna, que se disputou a pasada fin de semana na localidade italiana. Na final derrotou a Valéry Dejardin por una axustado 2-1, que non reflicte a súa superioridade ó longo do torneo. Ademáis do título individual, tamén se adxudicou o título por equipos, xa que a súa escuadra, o Reggio Emilia (Italia), derrotou ó Matersburg (Austria) por 3-0.

venres, 13 de maio de 2011

Todos con Lorca

Nestes momneto tan complicados, dende Subbuteo Galicia, queremos mandar moitos ánimos, e moita forza, para a localidade murciana de Lorca. Agardemos que se recuperen canto antes deste duro golpe, e poidan sair adiante o mellor posible.
Pola parte que toca ó Fútbol de Mesa, desexamos, que ninguén dos integrantes murcianos da AFM se vira afectado por esta desgracia.

Resultados I Open Internacional de Mallorca

Exitazo de organización, participación, repercusión, infraestucturas, e un largo etc. de motivos, que califican ó I Open Internacional de Mallorca, como un torneo a ter en conta en vindeiras tempadas.

No plano deportivo, os campións e subcampións de cada categoría foron os seguintes:

Open: Carlos Flores(Rggio Emilia) Nuno Noronha(Tiburones FM)
Veteráns: Vicenç Prats(Warriors Torino) Titi Giaux(Rochefort Table Soccer)
Sub-19: Terry San(Rochefort Table Soccer) Jérôme Bertrand(Rochefort Table Soccer)
Sub-15: David González(Tibrones FM) Florian Giaux(Rochefort Table Soccer)
Consolación: Manolo Sánchez (Mallorca Águilas) Carlos Martínez (Madrid Total Soccer)
Equipos: Real Murcia (España) Rochefort Table Soccer "A" (Bélxica)


Foto de familia dos participantes (Foto: Madrid Total Soccer)

Aspecto que presentaban as instalacións (Foto: Madrid Total Soccer)

Máis información en http://mallorcaaguilasfutbolmesa.blogspot.com/.

mércores, 4 de maio de 2011

I Open Internacional de Mallorca



A vindeira fin de semana, vaise disputar o "I Open Interacional de Mallorca". O gran número de inscritos, garantirá, de seguro, o espectáculo. Ademáis, o traballo que están a facer os rapaces do Mallorca Águilas para organizar o torneo, de seguro que vai facer que este torneo, de consolidarse, sexa un novo referente internacional.
Toda a información sobre o mesmo en http://openinternacionalmallorca.blogspot.com/.

Resultados Open Internacional de Xibraltar


A pasada fin de semana, disputouse o 6º Open Internacional de Xibraltar, con éxito da "armada" española, cos títulos acadados por Vicenç Prats en categoría Open, J.C. Granados en Veteráns e David González en Sub-15. Na catgoría por equipos, o Tiburones FM acadou o subcampionato.