Visitas

sábado, 27 de xuño de 2009

Machadas do AFT Turia 1981 e de Vicenç Prats

O AFT Turia 1981, proclamouse campeón do III Torneo Sant Jordi celebrado hoxe na localidade catalana de El Prat de Llobregat, despois de derrotar na final ó Rela Murcia. O AFT Turia 1981, alineou nesta ocasión a Fernando Gómez, Raúl Benita, Manolo Clemares e Vicente Benita (nesta ocasión non contou coa presencia de ningún dos seus xogadores galegos), mentres que o Real Murcia alineou a J.C. Granados, Alberto Mateos, Angel Valverde e Emilio Murciano. O resultado final foi de empate 1-1, pero o maior número de goles marcados polo AFT Turia 1981 (en concreto un máis) fixeron que o triunfo fora para os valencianos. Con este magnífico resultado, o equipo valenciano achégase na clasificación xeral ó seu máximo rival na loita polo título do Gran Prix da AFM, o Real Murcia. Noraboa por este triunfo e dende aqui desexamos que non sexa o último.
Por outra banda, na categoria Open, o vencedor foi o xogador catalán, e actual campión de España, Vicenç Prats (Warrios Torino), que derrotou na final ó murciano Alberto Mateos (Real Murcia) por un axustado 4-3. Na final de consolación, Ivan Romera (Real Murcia), derrotou con claridade a Julio Candelas (Madrid 1980 SC) con un contundente 5-1.
Máis información en http://www.futboldemesa.com.


O AFT Turia 1981 celebrando o seu triunfo

Ningún comentario: