Visitas

sábado, 13 de febreiro de 2010

Resultados do Campionato de España

Xa temos tódolos resultados do Campionato de España de Fútbol de Mesa que se disputou esta fin de semana na localidade malagueña de Fuente de Piedra.
Un intre da final de veteráns entre Fernando Gómez (dereita) e Arturo Martínez (esquerda)

Na categoría de Veteráns, o vencedor foi Arturo Martínez (Perugia), despois de derrotar na final a Fernando Gómez (AFT Turia 1981) cun gol de ouro na prórroga.
Na categoría Open, non houbo sorpresas, e o vencedor foi o de sempre, Carlos Flores (Reggio Emilia), que derrotou na final a Ángel Valverde (Real Murcia), po un axustado 3-2.
Na categoría Sub-19, o vencedor foi Juan A.Moreno (Tiburones FM), mentres que o subcampeón foi Marcos Alvarez (Tiburones FM).
Na categoría Sub-15, o vencedor foi David González (Tiburones FM), sendo subcampión Javier Moreno (Tiburones FM).
Na categoría Sub-12 o campión foi Jesus Moreno (Tiburones FM), e o subcampión foi Kiko Gamito (Tiburones FM).

Arturo Martínez (esquerda) e Carlos Flores (dereita) co seu trofeo de campións

Máis información en http://www.futboldemesa.com/.

Ningún comentario: