Visitas

martes, 22 de marzo de 2011

LEFM 2011


O vindeiro fin de semana, vaise disputar en Barcelona, a primeira volta da Liga Española de Fútbol de Mesa (LEFM), que desta vez, contará con oito equipos participantes en primeira división: Real Murcia, AFT Turia 1981, Tiburones FM, Madrid Total Soccer, Gibraltar TSA, Mallorca Águilas, Barcelona Futbol Taula e Ayerbe FM10.
O gran favorito para acadar o título, non é outro que o Real Murcia, actual campión de liga. Por outra banda, o AFT Turia 1981, está en horas baixas, ainda que tentará facer un bo papel. As ameazas dos dous "grandes" do fútbol de mesa nacional, son o Madrid Total Soccer e o Tiburones FM, que esta tempada xa deron máis dunha sorpresa. O Ayerbe FM10, debutará na competición, e de seguro que vai facer un papel máis que respetable. Mallorca Águilas, Barcelona FT e Gibraltar TSA, tentarán mellorar o papel do ano pasado, pero o van ter moi difícil, tendo en conta os catro equipos que mandan no ranking da AFM.
O espectáculo está servido.
Toda a información sobre a liga, a poderedes atopar en http://lefm2011.blogspot.com/.

Ningún comentario: