A pasada fin de semana, celebrouse o Congreso Extraordinario da AFM, e como resultado do mesmo, resultou elixido coma novo presidente da AFM, Antonio Montaño.
O blog galego de Fútbol de Mesa. Figuriñas personalizadas totalmente pintadas a man. Contáctanos en subbuteogalicia@gmail.com.
Visitas
75412
mércores, 22 de febreiro de 2012
Resultados do XXIX Campionato de España
A pasada fin de semana, disputouse en Robledo de Chavela (Madrid), o XXIX Campionato de España de Fútbol de Mesa. A ausencia de grandes favoritos, e a pobrísima participación en categoría Open, descafeinaron un chisco a festa do Fútbol de Mesa nacional.
Os resultados das distintas categorías foron os seguintes:
Categoría Veteráns: J. C. Granados, finalista: Arturo Martinez, semifinalistas: Fernando Gómez y Ferrán Coll.
Categoría S15: David Gonzalez, finalista: Antonio J. Casín, semifinalistas: Javier Moreno y Carmelo Blanco.
Categoría S12: Raul Casin, finalista: Luis Haro, semifinalistas: Manuel Perea y Antonio G. Fernandez.
luns, 13 de febreiro de 2012
Videos do III Campionato de Vigo (cámara superlenta)
Parada de David sobre a liña.
Tiro ó longueiro de Santi.
Gol de Alejandro.
Alejandro tópase co poste e longueiro no último minuto.
Gol de David.
Gol de Santi.
domingo, 12 de febreiro de 2012
Resultados do III Campionato de Vigo
O III Campionato de Vigo, celebrouse o pasado sábado 11 de febreiro. O número de participantes, foi finalmente de 5, sendo unha liguilla entre eles a unha final entre o primeiro e o segundo clasificado, a modalidade elixida para decidir o campión. O bo ambente reinou durante as máis de 7 horas que durou a competición.
Alejandro Maestre, campión dos campionatos previos, era a priori o favorito para facerse co mesmo.
As 10:30, comezou o maratón de partidos. Santi R. Escudero e Alejandro, abrían o torneo. Un tempraneiro gol de Santi, foi neutralizado por Alejandro, terminando o partido cun empate 1-1, o que fala do respeto que se tiñan entre ambos.
No segundo partido, David Barreiro goleou a Javi, metendo prácticamente tódalas ocasións xeradas, sendo o resultado 4-0. David comezaba a amosar as súas cartas con este golpe de autoridade.
No partido entre primos, Rubén Moralejo e Alejandro, non estivo exento de tensión. O gol de Alejandro, atopou pronta resposta de Rubén, e na segunda parte, houbo ocasións para ambos, pero o resultado xa non cambiou.
Santi e Javi, protagonizaron o cuarto partido da xornada. Unha contenda desigual, na que Santi venceu por 2-0, e na que Javi foi collendo máis "rodaxe".
Javi e Rubén en plena acción.
O quinto partido, foi quizáis a gran sorpresa da xornada. Alejandro xogábase a vida, xa que só lle valía a victoria para non depender de terceiros se quería plantarse na final. Dominou toda a contenda, errou goles casi imposibles, e a falta de tres minutos, David daba a badalada anotando o 1-0 definitivo. David colocábase líder destacado, e situábase práticamente na final, mentres que Alejandro dicía prácticamente adeus.
No sexto partido, Rubén e Santi, xogábanse as opcións de xogar a final, xa que o vencedor, sairía reforzado e non dependería de terceiros. Santi comezou con forza, e en menos dun minuto, lograba anotar o seu primeiro gol. Pouco despois, un erro de Rubén, deixaba o segundo en bandexa para Santi, e ahí desapareceu Rubén do partido. Ó final, 4-0 para Santi, que se situaba líder provisional, e máis perto da final.
Alejandro e Javi, xogaron o partido que non decidía nada, sen presión, e o resultado foi 2-0 para Alejandro.
Quedaban xa tres partidos, e nos dous seguintes, decidíronse os finalistas e o líder da liguilla.
Era o turno para Rubén e David. Unha victoria de Rubén, dáballe opcións de meterse na final, pero unha victoria de David, acabaría coas opcións de Rubén. Finalmente sucedeu o segundo. David xogou como tódala xornada, e non deu opcións, gañando 2-0. David levada tres victorias de tres partidos, e ningún gol encaixado, o que o colocaba como xusto finalista a pesares de faltarlle un partido por xogar. Ademáis, certificaba a Santi coma o outro finalista do torneo.
Rubén e David, disputando o seu partido.
O noveno partido da liguilla, foi a antesala da final. Santi e David, xogábanse o liderato, e tamén meter o medo no corpo no rival de cara a final. Nun partido máis igualado do que reflectiu o marcador final, Santi venceu por un contundente 5-1. Os erros de David, tiraron pola borda o bo partido que estaba a realizar. Santi remataba a liguilla coma líder, e David quedaba segundo.
No último partido da liguilla, enfrontáronse Rubén e Javi. Gañou Rubén 2-0, deixando a Javi como farolillo vermello.
Clasificación final da liguilla:
1- Santi..........10 ptos.
2- David.........9 "
3- Alejandro...5 "
4- Rubén........4 "
5- Javi............0 "
David, Alejandro (árbitro) e Santi antes de xogar a final.
Chegábase así á final. Santi e David, enfrontábanse de novo. David comezou achuchando, arrinconando a Santi na súa área, e desperciciando algunha ocasión de gol. E o que perdoa a paga: cando mellor estaba David, Santi atopouse cun gol que lle quitaba a presión e lle poñía a final de cara. Un erro de David, volveulle dar a Santi a ocasión de marcar, collendo xa unha ventaxa de 2-0 no marcador. David seguiu intentándoo, pero Santi non perdoou, e finalmente impúxose por un claro 4-0.
Os participantes posando ó final do torneo (arriba: Rubén, Santi e David; abaixo: Javi e Alejandro)
En definitiva, foi unha gran xornada de Fútbol de Mesa, que amenaza con repetirse en breve, que se cadra, e dependendo das conversacións que se manteñan, podería se nun lugar público.
FUGAS tamén fala do Fútbol de Mesa
O suplemento semanal de La Voz de Galicia, que se publica tódolos venres, tivo esta vez entre as súas páxinas ó Fútbol de Mesa. Seguimos medrando!!
xoves, 9 de febreiro de 2012
A Radio Galega entrevistará ós xogadores vigueses
Mañá día 10 de febreiro, a Radio Galega, no seu programa "A Tarde", acollerá unha entrevista cos xogadores vigueses de Fútbol de Mesa, Alejandro Maestre e Santi R. Escudero, a partir das 17:00.
Poderedes escoitalo no seguinte enlace:
http://www.crtvg.es/rg/programas/a-tarde (podcast)
Última hora sobre o III Campeonato de Vigo
Xa está todo preparado para o Campionato de Vigo, que se celebra o sábdo 11 de febreiro. Finalmente, o número de xogadores inscritos é de 5, sendo a modalidade de competición unha liguilla e un partido final entre o primeiro e o segundo clasificado.
Os participantes serán:
Alejandro Maestre
Rubén Moralejo
Santi R. Escudero (AFT Turia 1981)
David Barreiro
Javier
O horario de comezo da proba é ás 10:30, estando tódolos xogadores convocados ás 10:00, no lugar das Fontiñas, en Cabral (Vigo).
martes, 7 de febreiro de 2012
venres, 3 de febreiro de 2012
O xornal La Voz de Galicia acolle ó Fútbol de Mesa
Como antesala do vindeiro torneo de Fútbol de Mesa que se vai a celebrar en Vigo, os xogadores Rubén Moralejo, Alejandro Maestre e santi R. Escudero, acudiron á sede viguesa de La Voz de Galicia, para amosar ó xogo a Galicia enteira. Queremos agradecer ós xornalistas Laura Míguez e Miguel Piñeiro polo seu interese mostrado cara o noso deporte, e polo excelente trato recibido.
Podedes mira-la reportaxe publicada na edición dixital do xornal no seguinte enlace: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2012/02/02/futbol-mesa-elige-vigo-capital-gallega/00031328205360955844649.htm#
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)