Visitas

mércores, 17 de xullo de 2013

Última hora: O número 1 do ranking nacional, fóra do equipo nacional para o Mundial 2013

O número 1 do Ránking da AEFM, Raúl Benita, non foi convocado polo seleccionador nacional para acudir  na categoría por equipos ó mundial de Fútbol de Mesa 2013 quese vai celebrar no mes de Setembro en Madrid. 
Non deixa de ser sorprendente que un xogador que este ano está a dalo todo, de ahí a súa clasificación, non sexa válido para o seleccionador nacional de cara a xogar na selección.
A lóxica, sería que os 6 primeiros clasificados da categoría Open, deberían estar no equipo nacional, é dicir: Raúl Benita, José Ros, Ángel Valverde, Iván Romera, Alberto Mateos e Carlos Flores. 
Pero a lóxica, neste caso, deixa de ter efecto no que se refire a Raúl Benita. Fóra por decreto do equipo nacional? Por qué se convoca no seu lugar ó número 31 do Ránking?
O presidente da AEFM, e o seleccionador nacional deberían dar unha explicación convincente, porque polo tema deportivo creo que non hai discusión, o Ránking non minte.

Ningún comentario: