Visitas

miércoles, 4 de junio de 2014

A "armada" española asalta Bologna


A pasada fin de semana, disputouse en Bologna un dos máis prestixiosos torneos do mundo, o Major de Bologna.
Cunha nutrida representación española nas distintas categorías, os españois fixéronse notar, e de que xeito. En Categoría Open, estaban xogadores da talla de Carlos Flores, Alberto Mateos ou Raul Benita. En Categoría Veteráns, Ferrán Coll, Arturo Martínez, Luis F. Méndez ou Antonio Montaño. En Categoría Sub-19, David González e Antonio Casín. Na Categoría Equipos, únicamente o Tiburons FM.


Carlos Flores, alzouse con campionato en Categoría Open, demostrando unha vez máis, por qué é o máis grande.



En Categoría Sub-19, Davgid González fixo o propio, e acadou un novo título para o seu palmarés, facendo que o futuro do Fútbol de Mesa español sexa moi esperanzador.



O resto de resultados, os iremos actualizando en canto teñamos a información dispoñible.

No hay comentarios: