Visitas

domingo, 23 de agosto de 2015

"Brico Subbuteo": Constrúe o teu mini-campo de Subbuteo na casa

Aproveitando o parón veraniego, e para ter ocupado o tempo libre nas nosas vacacións, imos facer o noso propio mini-campo de Subbuteo na casa. Necesitaremos:

1 taboleiro de 90x50 cm
2 listóns de 90x4 cm para os lateráis do campo
2 listóns de 17x4 cm para os fondos do campo
1 rotulador "Edding" branco
1 tapete autocolante "Alkor Venilia" 100x45 cm (véndese nas papelerías por metro, sendo o ancho de 45cm)
1 bote pequeno de pintura plástica
2 porterías (as que cada un teña dispoñibles)

Os pasos a seguir son os seguintes (algúns son demasiado obvios, pero os poñemos igual)

1- Ensamblar os listóns e o taboleiro (eu utilicei únicamente puntas, pero recomendo utilizar como reforzo algo de cola). Os listóns de 90x4, irán nos lateráis do campo, e os de 17x4 nos fondos, deixando un espazo detrás das porterías. Se quederes, podedes aproveitar pintar o taboleiro e os listóns antes de poñer o tapete (eu o fixen no paso 5).


2- Pegar o tapete autocolante no taboleiro. Debido ó ancho do tapete, a mellor opción é cortalo á metade, e facer dous trozos de 50x45, quedando a unión xusto na metade do campo.


3- Pintar as liñas de campo co rotulador Edding. Deixa 4cm de marxe con respecto ós laterais e 7,5cm con respecto ós fondos. Para o círculo central, eu usei un CD como plantilla.



4- Fai os buracos para fixar ás porterías no caso de que sexa preciso (podes facelo unha vez ensamblado o campo, tendo moito ollo coas medidas).



5- Pintade as partes visibles do taboleiro e os listóns, tendo coidado de protexer o tapete.


6- Podedes añadir algún detalle para darlle máis realismo. No meu caso, eu optei por adhesivos que imitan a publicidade dun campo de fútbol.



Non agardedes un resultado de campo profesional, pero si un resultado óptimo para adestrar na casa e aprenderlles ós máis pequenos.

No hay comentarios: