Visitas

sábado, 16 de abril de 2016

Tiburones FM reconquista o titulo da LEFM

Os equipos participandes facendo gala do bo ambente (Foto: web AEFM)

O equipo malagueño Tiburóns FM, proclamouse campión da LEFM celabrada os pasados 2 e 3 de abril en Talavera de la Reina.
O campionato decidiuse no derradeiro partido frente o CAP Ciudad de Murcia, un partido o que ámbolos dous chegaban empatados a puntos, e somentes cunha victoria máis a favor dos malagueños no cómputo global. O partido non puido concluir doutra maneira, empate 2-2, e victoria final para o Tiburones FM gracias a esa victoria de diferencia.

Os campións recollendo o trofeo (Foto: web AEFM)

A clasificación final foi a seguinte:

1º Tiburones FM
2º CAP Ciudad de Murcia
3º Gibraltar TSA
4º Mallorca Águilas FM
5º AFT Turia 1981
6º SC Madrid
7º SC Moralzarzal
8º UD SC Santa Maria
9º SC Móstoles

Ademáis, aproveitouse para homenaxear a unha das figuras máis importantes do fútbol de mesa nacional, o murciano Juan Carlos Granados, pola sua traxectoria e o seu traballo diario pola difusión do fútbol de mesa.

Juan Carlos Grandados, recibindo a homenaxe  (Foto: web AEFM)

Máis información na web da AEFM.

Ningún comentario: