Visitas

sábado, 14 de maio de 2016

Resultados VII Copa de España

Os pasados 23 e 24 de abril, disputouse unha nova edición da Copa de España de Fútbol de Mesa na localidade madrileña de Moralzarzal. O torneo contou coa participación de máis de 30 xogadores das distintas categorías e 6 equipos. Os vencedores nas distincas categorías foron os seguintes:

Open: David González (Tiburones FM)
Veteráns: Antonio Montaño (Tiburones FM)
Consolación: Juan Carlos (Moralzarzal SC)
Sub-19: David Donzález (Tiburones FM)
Feminina: Julia Eglicerio (Moralzarzal SC)
Sub-12: Kristian Silagiev (Moralzarzal SC)
Equipos: CAP Ciudad de Murcia

Máis información na web do torneo.

Ningún comentario: