Visitas

miércoles, 8 de junio de 2016

Major de Bologna 2016


Os pasados 28 e 29 de Maio, disputouse un dos torneos máis prestixiosos de Fútbol de Mesa do mundo, o Major de Bologna (Italia). Coma sempre, a participación foi moi numerosa, e a armada española, sacou un premio na categoría por equipos, xa que o español Carlos Flores, foi quen de acadar o título na categoría por equipos.

Os vencedores das distintas categorías foron os seguintes:

Equipos: S.S.D. F.lli Bari Sporting Club

Os vencedores por equipos, co español Carlos Flores (Foto: Ricardo Marinucci)

Open: Luca COLANGELO (Fiamme Azzurre Roma)
Veteráns: Konstantinos KAPERONIS (Protheas Athens Subbuteo Club)
Féminas: Giulia BRILLANTINO (Subbuteo Club Stradivari Cremona)
Sub-19: Florian GIAUX (Rochefort Table Soccer)
Sub-15: Leonardo GIUDICE (Subbuteo Club Livorno)
Sub-12: Matteo CAMMARATA (ASD Pierce 14 Subbuteo Club)
Subbuteo: Giuseppe OGNO (Subbuteo Sassari)

Máis información na web do Bologna Tigers.