Visitas

sábado, 22 de outubro de 2016

I Satélite de Moralzarzal (Madrid)


A localidade madrileña de Moralzarzal, acolleu o fin de semana pasado (15 e 16 de outubro), o seu primeiro torneo internacional, un torneo Satélite, valedeiro para a clasificación da FISTF.

Na xornada do sábado, disputouse a categoría de Veteráns, resultando vencedor o grego Ioannis Kakavas (GRD Tires). Tamén se disputou a categoría Open, na que Luis López (Tiburones FM) non deu opción ós seus rivais. No torneo de consolación José María Feijoo (Moralzarzal SC), foi que se levou o gato á auga.

O domingo, tivo lugar un novo torneo na categoría open, volvendo Luis López (Tiburones FM) a acadar o triunfo. Na consolación, Isaac García (Moralzarzal SC) foi o vencedor.

Máis información na web da AEFM.

Ningún comentario: