Visitas

mércores, 6 de marzo de 2019

Vero Boquete, unha futbolista dos pes á cabeza

Cando falamos de fútbol, sempre se nos vai a cabeza ó fútbol das grandes ligas: a primeira división, a premier league, a bundesliga, a serie "A"... Pero o fútbol é moito máis que unhas cantas ligas de máximo nivel. O fútbol é paixón, é sentimento, é corazón, son unhas cores que vestir... O fútbol de verdade vívese nos campos "pequenos", nas ligas "inferiores", nas que o diñeiro deixa de ser o gran dono deste apaixoante deporte. Hoxe en día, estamos a ver como hai "outro fútbol" que chama á porta con forza para tirar con ela (emulando as verbas do Toto Berizzo) e ven para quedarse: o fútbol feminino.
O fútbol feminino está a colleitar éxitos ata fai uns anos impensables, e a máxima expoñente non pode ser outra que a santiaguesa Vero Boquete. A xogadora galega, conta con grandes éxitos ó longo da súa extensa carreira: 2 Copas da Raíña co Espanyol, 1 Liga Sueca co Tyresö FF, unha Champions League co FFC Frankfurt, unha Bundesliga co Bayern... Unha trotamundos do fútbol que acaba de incorporarse ás filas do Utah Royals FC estadounidense.
É por isto, que non podiamos deixar pasar por alto ó fútbol feminino, e por iso decidimos facerlle unha pequena homenaxe a modo de réplica en figuriña de Subbuteo coa equipación do Espanyol do 2010, tarefa complicada xa que non hai no mercado figuriñas femininas, co que houbo que adaptar unha masculina. Aquí o resultado, agardando que vos guste.








Ningún comentario: